🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

O Concello amplía o programa de concertos en Castrelos coa actuación de Carlos Vives

O alcalde, Abel Caballero, anunciou esta mañá unha segunda data dentro do programa municipal estival “Vigo en Festas 2017”: o concerto que ofrecerá Carlos Vives o próximo 27 de xullo. Trátase da segunda actuación que confirma o Concello para o auditorio ao aire libre de Castrelos, despois de ter anunciada a presenza de Miguel Bosé […]

Goberno de Vigo contrata a xestión dos campamentos de verán e ofrece dous cursos máis na Escola Municipal de Teatro

A Xunta de Goberno Local validou a clasificación de ofertas para a prestación dos campamentos de verán do Concello de Vigo. Abel Caballero recordou que este ano se ofertan máis de 25.000 prazas de campamentos e actividades de ocio e deportivas, por importe de 213.000 euros. A este respecto, o alcalde subliñou que o goberno […]

A Escola de Rock do concello portugués de Paredes de Coura chega ao Auditorio Municipal

Coa colaboración do Concello de Vigo, mañá sábado 27 de maio, ás 18,00h, no Auditorio municipal de Vigo e con entrada libre, recalará na cidade a xira de presentación do exitoso proxecto “Escola do Rock de Paredes de Coura”. A xira completarase con outras actuacións en Monçao (28 de maio) e Porto (3 de xuño […]

O rexedor eloxia a “nova dimensión” coa que a Deputación aborda o turismo e o ocio

A estación de tren de Vigo-Guixar acolleu este venres a presentación da experiencia “Atlántico Express” que promove a Deputación de Pontevedra e que se desenvolve o 3 de xuño cunha viaxe entre Vigo e Oporto para dar a coñecer os festivais das Rías Baixas e degustar os mellores produtos gastronómicos. No acto, Abel Caballero felicitou […]

Muñoz: “si el PP gobernase los vigueses pagarían menos impuestos, se impulsarían sectores estratégicos, se apostaría por los jóvenes y se ayudaría a las familias”

La portavoz popular, Elena Muñoz, ha subrayado hoy que, si el PP gobernase, los vigueses pagarían menos impuestos, se impulsarían sectores estratégicos, se apostaría por los jóvenes y se ayudaría a las familias. De este modo, Muñoz Fonteriz ha hecho balance, acompañada por todos los concejales de su grupo, de los dos años de gestión del […]

Marea de Vigo valora os dous anos de lexislatura de Caballero como a plasmación dun modelo en retroceso

Entre os asuntos máis salientables para a Marea de Vigo, un punto de inflexión nestes dous anos foi a innecesaria aprobación dun novo Regulamento do Pleno, que, segundo as verbas do concelleiro Xosé Lois Jácome, “veu consagrar a limitación á labor e ao dereito á información da oposición, xunto ao baleirado de contido político dos […]

Caballero apunta a importancia de visibilizar as enfermidades mentais

No inauguración da I Xornada Galega de Enfermería de Saúde Mental, organizada por AEESME no Edificio Municipal do Arenal, Abel Caballero felicitou aos profesionais deste ámbito sanitario polo seu labor diario e amosoulles o seu afecto e respecto polo traballo que desenvolven cunhas doenzas que “ata hai moi pouco tempo se ocultaban”. O alcalde destacou […]

O túnel de Gregorio Espino, cortado ao tráfico dende o 1 de xuño

Con motivo da realización de obras de humanización, dende o próximo venres 1 de xuño e ata o 9 de xuño, o túnel permanecerá cortado ao tráfico nos dous sentidos de circulación e, ademais, quedará prohibido o estacionamento na rúa Gregorio Espino para liberar o carril de estacionamento e permitir así o tránsito dos vehículos […]

Ángeles Ruibal canta a María do Carme Kruckenberg

O alcalde recibiu este mércores á cantante Ángeles Ruibal quen lle presentou o disco que vén de publicar no que rende homenaxe á poetisa musicando e interpretando a súa obra con catorce temas en galego e castelán. A cantante española, amiga da escritora María do Carme Kruckenberg, falecida no ano 2015, contou no seu novo […]

O Concello continuará co proxecto “Cíes, patrimonio natural da Humanidade”

Abel Caballero criticou que o goberno autonómico tratase de “rebentar” a candidatura de Cíes a patrimonio natural da Humanidade da UNESCO na que o Concello leva catro anos traballando con “ducias de accións”, un proxecto que estima “excepcional” polo que “seguiremos adiante porque o proxecto está vivo e imos continualo”. O rexedor relatou este martes […]

Goberno local e CEP coinciden na necesidade de contar con AVE directo por Cerdedo

Caballero e Cebreiros repasaron a situación da cidade e coincidiron en reclamar o AVE directo a Madrid desde Vigo como una infraestrutura fundamental. En posteriores declaracións, o rexedor avanzou que manterán contactos periódicos porque “compartimos unha visión do que é importante para a cidade”. Logo de anunciar que aceptará participar nun almorzo con empresarios na […]

Vigo garda un minuto de silencio en memoria das vítimas do atentado de Manchester

O presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero, mostrou o seu sentimento ás familias dos falecidos e feridos en “este acto de barbarie” e expresou a solidariedade dos gobernos locais de España coas autoridades locais da cidade británica. “A violencia contra os cidadáns non ten xamais unha xustificación e moito menos cando se […]

O goberno de Vigo abre ata o 19 de xuño as solicitudes de axuda de comedor escolar

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este luns que as familias teñen ata o 19 de xuño para solicitar unha bolsa municipal de comedor escolar para o próximo curso 2017-2018. Caballero recordou que o Concello concede sobre 5.000 axudas de comedor cada ano cun orzamento reservado de 1,8 millóns de euros. “Mentres eu sexa […]

O Concello licita á redacción dos proxectos de humanización da Provincial e da Estrada do Porto

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou hoxe luns que o 5 de xuño pecha o prazo para optar á redacción dos proxectos de humanización na Estrada do Porto -na zona de Beade- e na Provincial -rúa Emilia Pardo Bazán-, melloras que impulsan o Concello e a Deputación por importe de 6,5 millóns de euros. […]

Máis de mil persoas participaron nos cursos de formación das hortas urbanas

Vigo conta con nove hortas urbanas que ocupan unha extensión aproximada de 16.000 m2. Concretamente, están situadas en Navia, Fontáns (a carón de Ramón Nieto), Pedro Alvarado (Teis), Camelias, Sardomela (a carón do colexio Sello en Cabral), Vigozoo, Casa da Xuventude e Ramón Nieto, onde hai dúas, unha delas adicada a nivel II de horta-escola, […]

O goberno de Vigo apoia con 85.000 euros os programas sociais de catro asociacións

En virtude dos convenios asinados, Abel Caballero explicou que o goberno que preside destina 7.000 euros á Asociación Española contra o Cancro para a execución na cidade dun programa de atención psicosocial para os enfermos e os seus familiares. O Concello dirixe outros 10.000 euros para que a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga […]

Caballero pide “celeridade” ao Goberno e ao Parlamento na modificación do imposto de plusvalía hay tiempo

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) recordou que o ditame do Constitucional supón unha continuación das sentenzas pronunciadas xa polos tribunais en Gipuzkoa e Álava. O Tribunal Constitucional determina que non se pode cobrar plusvalía se efectivamente non existe incremento de valor. Abel Caballero apuntou que levará […]

A Biblioteca Municipal Auditorio Mar de Vigo xa funciona cunha ocupación do 100%

O alcalde avanzou hoxe xoves que a ocupación da biblioteca municipal do Auditorio Mar de Vigo é do 100% cando apenas transcorreron dez días desde a súa apertura. Caballero cualificou de éxito o funcionamento dun espazo de lectura demandado con “clamor” na cidade, con 450 prazas e un horario 9,00 a 21,00 h de luns […]

O goberno de Vigo inviste preto dun millón de euros ao mantemento dos 8 cemiterios municipais

A Xunta de Goberno deu luz verde ao expediente de contratación do servizo de limpeza, acondicionamento, conservación e mantemento integral dos cemiterios municipais por importe de 923.913,27 euros. Cunha duración de tres años, a adxudicataria terá que atender os camposantos de Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Lavadores, Pereiró, Teis e Zamáns. En rolda de prensa, o […]

Caballero anuncia que a Vigo Cup incorpora o fútbol sala e, cuns 6.700 participantes, será “posiblemente o meirande torneo do país” este verán

O torneo de fútbol sala celebrarase do 26 de xuño ao 2 de xullo e o de fútbol e fútbol 7, do 3 ao 9 de xullo. “Serán dúas semanas do mellor deporte no maior evento deportivo de Galicia e, posiblemente, de España”, sostivo. Precisamente a XVII Vigo Cup de fútbol basee engade este verán […]

O Día Internacional dos Museos contará con programación especial entre o 18 e o 21 de maio

Con motivo do Día Internacional dos Museos, o Concello de Vigo ten preparado un programa a través de cinco historias ambientadas nos cinco espazos museísticos que conforman a Rede Municipal de Museos. Desde 1977 o ICOM (Consello Internacional de Museos) elixe cada ano un tema para o Día Internacional dos Museos, o día 18 de […]

O goberno de Vigo adica este ano case 2 millóns de apoio ao deporte de base e elite

Segundo informou este martes o alcalde de Vigo, a Xunta de Goberno Local aprobou o convenio de colaboración coa Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida de Matamá, un acordo polo cal o Concello lles achega 20.000 euros para a súa función deportiva como club de elite. Caballero explicou que a SCD Atlántida de Matamá compite na […]

O Concello achega 606.039 euros a Foanpas para bolsas de comedor e actividades extraescolares

O goberno local renovou esta mañá o compromiso que mantén co funcionamento da Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Vigo e Comarca (Foanpas). O convenio, que ascende a 606.032 euros, permitirá subvencionar bolsas de comedor e actividades extraescolares. Abel Caballero asinou hoxe luns un convenio coa Federación Olívica de Asociacións […]

O Concello ultima a tramitación para que o reitor volva ter despacho no edificio municipal do Areal

A Universidade de Vigo volverá ter presencia na cidade no mesmo edificio que xa ocupou, o situado na rúa Areal 46. Así o reiterou esta mañá o rexedor quen dou conta do inicio da tramitación administrativa que permitirá esta cesión. O alcalde deu conta hoxe luns da aprobación en Xunta de Goberno do prego de […]

O alcalde ratifica o apoio do goberno vigués á escudería UVigo Motorsport

Caballero, xunto ao concelleiro Santos Héctor Rodríguez, recibiu este luns ao equipo universitario, que perfila a nova tempada despois de ter competido co seu monoplaza nos circuitos de Autodrom Most (República Checa) e Montmeló (España). O rexedor felicitou á escudería e confirmou o apoio do Concello de cara aos novos que afronta.

O goberno local investirá 260.000 euros na reforma do pavillón Monte da Mina-Castrelos

A Xunta de Goberno local deu luz verde ao expediente de contratación das obras de reforma da estrutura e do pavimento do pavillón Monte da Mina-Castrelos. Segundo detallou o rexedor, trátase dunha obra de envergadura pola situación de inestabilidade do terreo no que está situada a instalación deportiva, con deslizamentos xeolóxicos. O importe de licitación […]

“Importantísima” suba de de pasaxeiros no aeroporto en abril, dun 21%

O aeroporto de Vigo experimentou o pasado mes de abril un incremento do 21,2% no número de pasaxeiros, subindo tamén o número de operacións realizadas e de mercancías. No acumulado anual de 2017, entre os meses de xaneiro e abril, a suba é dun 5%. Para o rexedor, os datos demostran que se trata dun […]

O Concello programa o 28 de maio a IV Andaina polos Montes de Vigo, de ata 40 quilómetros

Este venres, o concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou a IV Andaina polos Montes de Vigo, xunto aos responsables de Montes de Vigo, entidade colaboradora, e de El Corte Inglés e Eroski-Center, como patrocinadores. Esta proposta, que forma parte do programa municipal de educación medioambiental Camiño a Camiño, terá lugar o domingo 28 de maio. […]

Caballero celebra o proxecto compartido da cidade e a Deputación na Igrexa de Fátima

A Igrexa de Fátima conta desde este venres cun conxunto escultórico que reproduce as figuras dos tres pastores de Fátima, realizado ao abeiro dun convenio entre a Deputación de Pontevedra e a parroquia. Durante o acto de inauguración, o rexedor aludiu á importancia do traballo compartido e felicitou á presidenta Carmela Silva, ao párroco e […]

O Concello ratifica que “ningunha muller deixou de ser atendida por violencia de xénero”

O concelleiro de Seguridade, Carlos Font, eloxiou o traballo que realiza a Policía Local de Vigo -a través do Equipo de Vixilancia de Apoio Policial (EVAP)-, “certamente de referencia a nivel de Galicia”, polos once anos de vixencia da unidade, polos medios dos que dispón e polas actuacións que realizan. Desde 2006, a EVAP leva […]

A versión teatral de Dirty Dancing chega ao Auditorio Mar de Vigo no mes de xuño

O Auditorio Mar de Vigo acollerá entre o 14 e o 18 de xuño a representación da versión teatral de Dirty Dancing, nun espectáculo dirixido por Federico Bellone e producido por Lets Go Company. Este musical leva aos escenarios ao gran clásico do cine dos anos 80, “unha película mítica”, segundo explicou na presentación o […]

Marea de Vigo califica de moi grave adxudicación de concesións públicas á empresarios que non cumpren dereitos dos traballadores/as

Nos pasados días, a empresa que figuraba como primeira na clasificación de ofertas para esta concesión, renunciou á mesma no momento da entrega da documentación solicitada pola Mesa de Contratación, dada a imposibilidade que tiña para entregar dita documentación a causa das débedas de natureza tributaria coas que contaba e a imposibilidade de obter aval […]

O Concello apoia con preto de 100.000 euros as actividades de dúas asociacións de mulleres que loitan contra a violencia de xénero

O Concello de Vigo subvenciona con case 18.000 euros un proxecto de intervención familiar coas usuarias dos pisos da rede municipal de protección de mulleres vítimas de violencia de xénero. Esta achega á asociación de Mulleres progresistas de Vigo vén sumarse a outra outorgada á Rede de Mulleres Veciñais contra os malos tratos, neste caso […]

Caballero celebra que Vigo volve acoller este domingo a Holi Run

Xunto á organizadora, Noemí Latorre, e ao edil de Deportes, Manel Fernández, este martes o alcalde de Vigo presentou no Concello a cuarta edición da Holi Run, que volve a escoller a cidade olívica como única sede do evento en Galicia. Durante a súa intervención, Abel Caballero manifestou que “a Holi Run se está a […]

O alcalde valora a evolución da nova liña H3 e confía en que siga crecendo a ocupación

Abel Caballero valorou este martes o bo funcionamento da nova liña de autobús urbano H3, que une Teis e o Hospital Álvaro Cunqueiro, despois de ter incrementado a súa ocupación de 18 a 56 viaxeiros nos seus primeiros seis días. O Concello, que gasta sobre 60.000 euros nesta nova liña, comezou a operar a H3 […]

Vigo volve a ser a cidade española con máis bandeiras azuis

As doce distincións de bandeiras azuis que revalidou Vigo este ano contribuirán de xeito importante ao fomento e crecemento do turismo na cidade. Así o constatou esta mañá o rexedor nunha rolda de prensa na que puxo en valor estes recoñecementos porque sitúan a Vigo como a cidade española con máis bandeiras azuis de toda […]

O rexedor saúda aos escolares asistentes ás VII Xornadas de teatro no Auditorio Municipal

Abel Caballero felicitou aos participantes nas VII Xornadas de teatro organizadas esta mañá no Auditorio Municipal. Os alumnos, procedentes dos centros Mestres Goldar, Canicouva e Seis do Nadal, representaron as seguintes obras, respectivamente: “Por culpa de un pokemon”, “Restaurante fartuco” e “O que fai o meu Bieito sempre vai ben feito”.

O goberno local acomete outra quenda de obras para a accesibilidade dos pasos de peóns

O segundo tenente de alcalde e concelleiro de Fomento, David Regades, avanzou hoxe luns que o goberno local acometará no verán reformas en distintos pasos de peóns da cidade para completar o plan de accesibilidade iniciado hai unha década. Cun orzamento superior aos 60.000 euros, nos próximos meses vaise actuar nas seguintes rúas: Baixada a […]

O Concello promove o coñecemento do monte entre os máis pequenos con VigoExplora

A concelleira de Medioambiente, Chus Lago, presentou hoxe luns o VigoExplora, unha novidosa actividade coa que o Concello procura que un total de mil escolares de entre 3 e 12 anos coñezan o monte dunha forma lúdica. Lago recordou que o goberno de Vigo conta con moitos programas de educación ambiental, como o Camiño a […]

O Concello pídelle á Xunta que lle permita mellorar o acceso aos IES Rosais II e República do Uruguai

Abel Caballero deu conta este venres do envío dunha misiva ao presidente da Xunta pedíndolle permiso para reformar os accesos aos institutos de Ensino Secundario Rosais II e República Oriental do Uruguai que “teñen un gravísimo problema de seguridade”. O Concello farase cargo da obra de humanización, que ten un orzamento de 250.000 euros, para […]

1 2 3 10