Este martes o goberno de Vigo inaugura a rehabilitada Casa do Patín, en Bouzas, despois de ter investido 912.000 euros na súa expropiación e reforma. Así o anunciou o alcalde, Abel Caballero, quen avanzou que esta histórica edificación servirá de oficina municipal descentralizada.
En declaracións aos medios, Caballero apuntou que a oficina sita na Casa do Patín abrirá en horario de mañá e tarde e permitirá facer algunhas xestións ante a administración local.
Mañanas: de lunes a sábado (10:00 a 13:00)
Tardes :de lunes a viernes (17:00 a 21:00)
No mesmo inmoble o Concello dispuxo dunha sala de lectura e outro espazo multiusos no que se impartirán cursos de formación e conferencias, ademais de que poida ser cedido a asociacións ou colectivos.
A Casa do Patín é unha edificación singular e “histórica”, subliñou o rexedor vigués, no casco histórico de Bouzas, trátase da “recuperación dunha zona de tanta importancia e dun edificio histórico na cidade de Vigo”. Precisamente referiuse esta mañá Caballero a esta zona, ao anunciar que en próximas datas o goberno que preside fará peonil a zona vella da vila viguesa, prohibindo o estacionamento dos vehículos.
Axudas de comedor escolar
Na mesma rolda de prensa, Abel Caballero informou da aprobación na Xunta de Goberno Local das bases para a concesión das axudas municipais de libros, material e comedor escolar para alumnado de centros públicos e concertados de Infantil, Primaria e Secundaria para o vindeiro curso.
O goberno vigués adica 1,2 millóns ao efecto, explicou o alcalde, que se engaden aos máis de 600.000 euros que tamén destina a comedor escolar a través do convenio coa Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FOANPAS). Caballero recordou que, sendo competencia da Xunta de Galicia, o Concello de Vigo supera os 1,8 millóns de gasto para conceder 5.000 bolsas de comedor escolar na cidade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.
2 Respuestas a "O Concello abre a Casa do Patín, en Bouzas, como oficina municipal descentralizada"