Preto de 30 colectivos súmanse á manifestación do venres en Chapela en apoio do persoal de Pescanova

Un total de 29 organizacións sociais, veciñais, deportivas, culturais, políticas e sindicais de Redondela amosaron o seu apoio público á manifestación que este venres día 21 percorrerá as rúas da parroquia de Chapela en solidariedade coa loita do cadro de persoal de Pescanova. A marcha, que hoxe foi presentada en rolda de prensa polos colectivos […]

O persoal de Pescanova perfilará en asemblea a súa última proposta de convenio

O cadro de persoal de Nueva Pescanova celebrará unha asemblea este sábado en Redondela para perfilar a última proposta de convenio colectivo que lles trasladarán á empresa a instancias da mediación laboral. A maioría sindical (CIG, CUT, UGT e USO) agarda que o acordo poida estar pechado antes de que remate o actual mes de […]

A asemblea de Pescanova ratifica a suspensión da folga indefinida mentres se celebran as negociacións sobre o convenio

A asemblea de traballadores/as de Pescanova celebrada hoxe en Chapela aprobou por unanimidade a proposta das centrais de suspender a folga indefinida prevista para o vindeiro día 4 mentres se celebran as xuntanzas fixadas pola mediación laboral para intentar chegar a un consenso sobre os novos convenios colectivos. Con todo, o cadro de persoal da […]

A mediación fixa tres xuntanzas para abordar o incremento salarial, a flexibilidade e as novas categorías laborais en Pescanova

A Inspección de Traballo, que esta tarde iniciou a mediación no conflito laboral de Pescanova a instancias da Xunta, fixou tres xuntanzas entre a CIG, CUT, UGT e USO e a dirección -CCOO participa nunha mesa de negociación distinta tras o veto dos outros sindicatos polo seu comportamento desleal- para abordar o que até o […]

A columna galega das Marchas da Dignidade volve a Madrid

Na derradeira xuntanza da Comisión Coordinadora Galega das MMdD celebrada esta semana en Compostela acordamos que o 27 de maio, a Columna Galega volve a Madrid participando de unha nova e grande manifestación centralizada que, como no 2014, será multitudinaria. Entre outros, o acordó máis importante e unánime foi o de poñerse a traballar arreo, […]

Centos de persoas solidarízanse coa loita do persoal de Nueva Pescanova na segunda xornada de folga

Varios centos de persoas participaron hoxe na manifestación convocada en Vigo polo cadro de persoal de Nueva Pescanova coincidindo coa segunda xornada de folga para reclamar uns convenios colectivos dignos na empresa de alimentación. Durante a marcha berráronse consignas a prol da posta en liberdade do traballador detido pola Policía española a primeira hora da […]

Un detido na folga de Pescanova

Hoxe ás oito da mañá era detido Luis Bar, traballador de Pescanova e activista sindical da CUT, membro da Executiva Comarcal de Vigo. Dende as cinco da mañá o piquete das traballadoras e traballadores agardaban a saída das compañeiras e compañeiros da quenda de noite. A partitura ademais, como non podería ser doutra maneira, estivo […]

“Levantámonos porque non imos precarizar o emprego nin ser propiedade deles de luns a domingo”

Ana Bélen Vázquez Martínez Operaria de produción no centro industrial de Pescanova España en Chapela. Leva 14 anos na empresa e é a única representante da CUT na negociación do Convenio Colectivo. Pescanova vive un momento histórico. É a primeira vez que paran as máquinas dende a creación da empresa en 1960. Case 11 meses […]

O cadro de persoal de Pescanova convoca unha manifestación coincidindo co segundo día de folga

O cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu convocar unha manifestación en Vigo coincidindo coa segunda xornada de folga deste martes 21 para reclamar uns convenios colectivos dignos. Ao mesmo tempo, as centrais CIG, CUT, UGT e USO revelaron que barallan denunciar na Fiscalía a “actitude chulesca” da Policía española durante o primeiro día de […]

Empregados de Pescanova impiden a entrada do persoal de ETT na empresa

Os traballadores/as de Nueva Pescanova impediron este sábado a entrada do persoal de ETT nas instalacións da empresa para evitar que se fagan horas extras. O empregados/as da compañía de alimentación decidiran en asemblea deixar de facer horas extras como medida de presión ante o bloqueo das negociación do convenio colectivo, polo que a dirección […]

O persoal de Pescanova convoca dúas xornadas de folga polo bloqueo da negociación do convenio

O cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu hoxe nunha multitudinaria asemblea celebrada en Redondela convocar dúas xornadas de folga os vindeiros martes 14 e 21 de marzo ante o bloqueo da renovación dos convenios colectivos tras máis de 10 meses de conversas. Ademais, os traballadores/as acordaron que no caso de que non se produzan […]

A asemblea de Pescanova debatirá a convocatoria de folga ante o bloqueo das negociacións do convenio

A asemblea de traballadores/as de Nueva Pescanova que se celebra en Redondela este sábado debatirá a posibilidade de promover unha convocatoria de folga ante o bloqueo das negociacións do convenio colectivo tras 10 meses de conversas. As centrais CIG, CUT, UGT e USO rexeitan a última proposta da empresa -que insiste na flexibilidade laboral e […]

Denuncian irregularidades e solicitan paralizar a licitación do concurso para a limpeza dos edificios administrativos da Xunta

O comité de empresa de Santiago de Compostela da actual adxudicataria do servizo de limpeza dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, o Grupo Norte, denuncia irregularidades no prego do concurso e solicita paralizar a licitación. Entre outras, os sindicatos salientan que se detectou a inclusión nalgúns centros dun número de traballadores e traballadoras superior […]

A maioría sindical de Pescanova decide deixar fóra da unidade a CCOO pola súa actitude desleal

As centrais maioritarias do grupo Nueva Pescanova ofreceron hoxe unha rolda de prensa para anunciar que deixan a CCOO fóra da unidade sindical pola súa actitude desleal co resto organizacións e cos propios traballadores/as. Dende a CIG, CUT, UGT e USO denuncian que a proposta de convenio colectivo feita pública sindicato español coincide coa achegada […]

O comité de empresa da adxudicataria da limpeza da Xunta en Santiago pide paralizar o novo concurso

O comité de empresa de Santiago da actual adxudicataria do Servizo de Limpeza da Xunta de Galiza -Grupo Norte- , conformado pola CIG, UGT, CCOO e CUT, demanda a paralización do concurso publicado o pasado día 3 de xaneiro, para a adxudicación da nova contrata. Denuncian que aínda non se lles remitiu por parte da […]

O persoal de Nueva Pescanova denunciará a “mala fé” da empresa e “cortará” as horas extra como medida de presión

Boa parte do cadro de persoal de Nueva Pescanova decidiu onte nunha multitudinaria asemblea celebrada en Redondela denunciar na Inspección de Traballo a “mala fe negociadora da empresa” -que pretende impoñer un convenio que precariza as condicións laborais- e, como primeira medida de presión, “cortar” tanto as horas extras dos sábados como as que se poidan […]

As Marchas da Dignidade de Compostela convocan concentración contra o TTIP/CETA/TISA

A plataforma local de Compostela da Columna Galega das Marchas da Dignidade súmase ás mobilizacións convocadas en todo o mundo neste outono de resistencia para esixir a suspensión dos acordos de libre comercio TTIP/CETA/TISA que buscan liquidar por completo a nosa soberanía e dignidade. A concentración en Compostela, á que se convoca á toda a cidadania, será este sábado día […]

CUT consegue que a CRTVG corrixa as bases de cotización do seu persoal despois da denuncia pública de fraude á Seguridade Social

Ambas as dúas partes acordaron este venres en Inspección de Traballo os criterios para regularizar as infracotizacións dos últimos cinco anos  A Central Unitaria de Traballadoras e Traballadores alcanzou esta mañá coa dirección de recursos humanos da Corporación Radio-Televisión de Galicia un acordo que recoñece en todos os seus termos as demandas desta central sindical sobre as irregularidades que […]

Director Xeral CRTVG recoñece no Parlamento 1.600.000€ de fraude á Seguridade Social, que considera “cantidades insignificantes”

Durante a Comisión de Control desta mañá, na pregunta motiva pola denuncia da CUT na Inspección de Traballo, o Director Xeral recoñecía máis de millón e medio de euros de “desviación máxima”, cando o límite para a responsabilidade penal está en 50.000, con ata 5 anos de pena de prisión. A CUT estudará a vía penal contra a Dirección […]