Feijoo di que reforzou a sanidade pública con 3.141 profesionais. Pero fala de contratos asinados ou de persoas contratadas?

O presidente da Xunta afirmaba onte no Parlamento que nos últimos 23 días se reforzou a rede sanitaria pública galega coa incorporación de 3.141 persoas, das que 336 serían persoal médico e 2.435 profesionais de enfermería. A CIG-Saúde pídelle a Núñez Feijoo que aclare se estes datos se refiren á contratación de persoas ou ao […]

Feijóo destaca os Premios da Cultura Galega como a proba de que a nosa cultura avanza con forza cara ao futuro

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aseverou hoxe que os Premios da Cultura Galega 2017 seguen demostrando que a nosa cultura non se detén. “Non se detén no tempo porque avanza con forza cara ao futuro. E tampouco se detén no espazo porque consolida a súa proxección exterior”, dixo, recoñecendo que os creadores son […]

Pontón acusa a Feijóo de ser cómplice da suba das peaxes na AP9, “NOVA ESTAFA AOS GALEGOS E GALEGAS”

O BNG considera que non se pode “quedar de brazos cruzados” cruzados mentres as peaxes da AP9 aumentan case un 4%, -un 60% máis ca media estatal-,  cando Galiza xa paga unha das tarifas máis altas do Estado nun país no que os salarios figuran entre os máis baixos. Por contra, a portavoz nacional, Ana […]

Ana Pontón: “Feijóo ten nas mocións de censura a súa carta presentación para as próximas Municipais”

A portavoz nacional, Ana Pontón, desprazouse a Fene para amosar todo o apoio do BNG ao goberno municipal que lidera Juventino Trigo ante a moción de censura presentada polo PP e dous tránsfugas de En Marea baixo a marca local de Somos Fene. Para a dirixente do Bloque, as mocións de censura están a ser […]

O PP non quere que Feijóo explique na Cámara Galega a súa renuncia á transferencia da AP-9

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón animou hoxe ao Partido popular a demostrar que está a favor de devolver o Pazo de Meirás ao pobo galego votando a favor da iniciativa que o BNG defenderá no vindeiro pleno previsto para o mes de setembro. Na reunión da Deputación Permanente,  solicitada polos  grupos parlamentarios do […]

Ana Pontón ofrece a Feijóo un pacto de país para que ENCE deixe de marcar a política forestal na Galiza

A portavoz nacional, Ana Pontón, optou por desprazarse ata a sede de ENCE en Pontevedra para responderlle á dirección da pasteira sobre as “bondades” do eucalipto para a loita contra os lumes, e demandarlle ao presidente da Xunta que a política forestal do país a determine Galiza e non esta multinacional. “A política forestal non […]

Antón Sánchez: “Reclamamos unha resposta de país fronte esta aldraxe que demostra que Feijóo ou ben é complice desta mentira, ou ben é un cero á esquerda e non exerce como presidente de Galicia”

O vicevoceiro de En Marea no Parlamento de Galicia, Antón Sánchez, reclamou unha resposta contundente do presidente Feijóo ó último informe do Goberno do Estado que veta o debate no Congreso da Proposición de Lei sobre a transferencia da titularidade as competencias da AP9 á Xunta, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia. “Este veto […]

O BNG propón a insubmisión ante o reparto do teito de gasto de Montoro que afoga á CCAA e concellos

A portavoz nacional, Ana Pontón, cualificou de “mundo ao revés” o resultado en materia de reparto do nivel de débeda e de déficit aprobados polo Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF), que hoxe serán ratificados nun consello de ministros extraordinario. “O Estado non ten competencias en sanidade, educación, servizos sociais e outras cuestións que […]

Feijóo avanza que no último semestre do ano se atenderán 3000 dependentes máis e reitera o obxectivo de que a final da lexislatura sexan 60.000

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que no último semestre do ano se atenderán 3000 dependentes máis e reiterou o obxectivo de que ao final da lexislatura, ademais da posta en marcha da construción de sete novas residencias nas cidades, que crearán 900 prazas, sexan 60.000 os dependentes atendidos. En resposta ás […]

Ana Pontón atribúe a Feijóo o “gran balanzo” de ter deixado Galiza sen sistema financeiro propio

A portavoz nacional, Ana Pontón, expresou a súa total discrepancia coa valoración de “boa noticia” que o Goberno central fai da venda do Banco Popular ao Santander por un euro, que implica deixar sen aforros a 50.000 pequenos accionistas galegos, poñer en risco centos de postos de traballo e deixa no aire o futuro da […]

Ana Pontón atribúe á falta de peso político de Feijóo o novo agravio con Galiza nos orzamentos do Estado

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón censurou  os Orzamentos do Estado dos que dixo, “prevén os mesmos ingresos que no ano 2007, antes da crise económica, pero manteñen os recortes nas políticas sociais, aumentan os gasto militares e priorizan  o pagamento da débeda por riba do benestar dos cidadáns. Pontón atribuíu  o agravio a […]

Feijóo constata que o plan hidrolóxico permitirá acadar en 2021 o obxectivo de que o 98% das augas sexan de calidade óptima

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe que o plan hidrolóxico permitirá acadar en 2021 o obxectivo de que o 98% das augas sexan de calidade óptima e que no 2027 se alcance o cen por cento. Con esta finalidade, destacou que a Xunta destinará ata 2021 654 millóns de euros. Durante unha […]

Ana Pontón acusa a Feijóo de iniciar en Sanxenxo a estratexia do transfuguismo de cara ás municipais

A portavoz nacional, Ana Pontón, desprazouse a Sanxenxo para denunciar a estratexia do transfuguismo que o PP decidiu poñer en marcha de cara as eleccións municipais de 2019, que ten como punto de arranque o “cambio de cadeiras” que ultiman en Sanxenxo para volver colocar a Telmo Martín na Alcadía “pola porta de atrás”. Desta […]

Ana Pontón tende a man a Feijóo para evitar o pelotazo coas centrais e garantir o emprego na Costa da Morte

Santiago de Compostela, 24 de Maio 2017.-  A portavoz nacional, Ana Pontón, ofreceu ao presidente da Xunta “man tendida” para evitar o pelotazo de 255M€ que pretende o imputado Villar Mir coa venda das centrais dos Ríos Xallas e Grande e para preservar o emprego na plantas de Cee e Dumbría. “O BNG téndelle a […]

Ana Pontón pregunta a Feijóo se o asalto á alcaldía en Sanxenxo é súa maneira de combater a corrupción

A portavoz nacional, Ana Pontón, utilizou a situación “esperpéntica” que vive o Concello de Sanxenxo para contrarrestar os dous modelos opostos que representan o BNG e o PP tanto no urbanístico como no político á hora de entender como deben funcionar as institucións. “Temos dous modelos que se contrastan con claridade: o de Sanxenxo do […]

A Xunta porá á disposición das familias galegas 22.500 prazas públicas de escolas infantís no vindeiro curso

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que as familias galegas contarán no vindeiro curso con 22.500 prazas públicas de escolas infantís, co compromiso, reiterou, de lista de espera cero. Durante unha visita ao centro interxeracional da Fundación Amancio Ortega en Arteixo, Feijóo lembrou ademais que a Xunta seguirá poñendo á disposición dos […]

Feijóo, chegou a hora da verdade para Ferroatlántica: ou estás con Galiza ou estás co imputado Villar Mir

A portavoz nacional, Ana Pontón, considera que coa presentación formal de Ferroatlántica para segregar e vender as centrais do Xallas acabáronse as escusas para o presidente da Xunta que xa non pode estar “nin un minuto máis parapetado detrás da súa calculada ambigüidade”. “Chegou a hora da verdade para Feijóo sobre Ferroatlántica e ten que […]

Feijóo avanza a posta en marcha dun programa para impulsar a especialización de 2.500 mozos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a posta en marcha dun programa para impulsar a especialización de 2.500 mozos menores de 30 anos, a través de 162 cursos que se desenvolverán entre este ano e o próximo, baixo o paraugas do Sistema de Garantía Xuvenil. Feijóo destacou que a principal novidade deste […]

Feijóo anuncia que Galicia contará cunha nova estratexia de FP para convertela nun elemento clave para a creación de emprego

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe que a Xunta está xa a elaborar unha estratexia de FP para a vindeira década co obxectivo de convertela nun elemento clave para a creación de emprego. Con esta finalidade avogou por seguir coordinados co tecido socioeconómico e avanzar nas melloras dos centros. O responsable […]

Feijóo reivindica a aposta de Galicia polo “turismo tranquilo de máxima calidade” para seguir batendo récords de visitantes

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou hoxe a aposta de Galicia polo “turismo tranquilo, polo slow turismo de máxima calidade” para seguir batendo récords de visitantes e no que os turistas desfruten sen présas do patrimonio, da historia, da cultura e da natureza da Comunidade. “Un destino tranquilo, pensando para perdurar no tempo, […]

A Xunta lanza unha nova liña de axudas para impulsar instalacións fotovoltaicas que favorezan o aforro enerxético das familias

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o lanzamento dunha nova liña de axudas para impulsar instalacións fotovoltaicas que favorezan o aforro enerxético de familias e empresas. Na rolda de prensa do Consello, Feijóo destacou nun primeiro termo unha achega de 300.000 euros para incorporar paneis fotovoltaicos en comunidades de propietarios. Unha […]

Ana Pontón esixe de Feijóo que o PP non volva burlarse no Congreso da petición unánime dunha AP9 galega

A portavoz nacional, Ana Pontón, avanzou a aprobación unánime no próximo pleno do Parlamento do proxecto de lei en demanda da transferencia da AP9 para mellorar o servizo que se presta aos usuarios e usuarias e como primeiro paso para acabar coa estafa das peaxes. Ese apoio unánime responsabiliza a todas as forzas estatais, e […]

Feijóo anuncia un novo programa de emprego para 10.000 mozos

O presidente da Xunta respondeu esta mañá as preguntas dos grupos no Pleno da Cámara galega. Feijóo anuncia un novo programa de emprego para 10.000 mozos que outorgará axudas de ata 7000 euros para completar a súa formación e incentivar a contratación. “Queremos que no ano 2020 haxa entre 80.000 e 100.000 empregos máis, que […]

Ana Pontón: “A resposta de Feijóo aos atascos da AP-9 é anunciar novas subidas das peaxes”

A portavoz do BNG, Ana Pontón acusou hoxe a Núñez Feijóo de responder ao “enésimo atropelo de AUDASA”  botándolle a culpa dos atascos a Zapatero e ao mesmo tempo anunciando que continuarán as subidas das peaxes o vindeiro ano. É dicir, ante os abusos de AUDASA, dixo, “Feijóo en vez de defender aos galegos e […]