🢂 ESTÁ NAVEGANDO EN LA SECCIÓN :

Carta aos Reis Magos do persoal de Servizo de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

Queridos Reis Magos: Se vosas maxestadades teñen a ben, xa que coa concesionaria e o SERGAS non tivemos moito éxito nestes dous anos e medio, queriamos pedirvos: Reforzo de persoal: Limpadoras, Seguridade, Administrativos, informadoras, TCAES, DUES, Medicos e celadores, sobre todo en picos, que adoitan ser mesetas. RX dentro ou preto de urxencias. Que a […]

Desconvocan a folga no mantemento do Álvaro Cunqueiro tras garantir a ultractividade do convenio

A asemblea de traballadores/as de Veolia, concesionaria do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, decidiu hoxe desconvocar a folga indefinida prevista para o vindeiro martes 26 despois de a dirección garantise a ultractividade do convenio. Os traballadores/as, que desenvolveron concentración diarias no centro sanitario, tamén lograron equiparar as súas condicións laborais coas […]

CCOO discrepa da opinión do conselleiro de sanidade  de relacionar a incorrecta utilización das urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

A executiva comarcal da federación de sanidade da comarca de Vigo de CCOO discrepa da opinión do conselleiro de sanidade  de relacionar a incorrecta utilización das urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro por parte de usuarios sin pasar antes polos centros de saúde e polos PAC coa saturación das urxencias. Polo contrario, CCOO sin negar que […]

Sanidade destaca a importancia do diagnóstico precoz na fibrose quística

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destaca a importancia do diagnóstico precoz de enfermidades como a fibrose quística porque “pode prolongar a esperanza de vida das persoas que a sofren e sobre todo mellorar a súa calidade de vida”. Almuiña inaugurou hoxe a VIII Xornada de Fibrose Quística de Galicia, que se celebrou no […]

Mantemento do Cunqueiro convoca folga indefinida para reclamar un convenio que iguale as condicións laborais

O cadro de persoal de Veolia, concesionaria do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, decidiu convocar folga indefinida para reclamar un convenio colectivo no centro de traballo que iguale as condicións laborais de todos/os os traballadores/as. O paro, que se produce despois de que a empresa se negase a incluír no acordo […]

Esixen solucións aos crónicos problemas da sanidade de Vigo

 A federación de sanidade de CCOO da comarca de Vigo, esixe solucións os crónicos problemas da sanidade de Vigo. Todos os anos as urxencias hospitalarias de Vigo colápsanse, fundamentalmente pola escasez de camas hospitalarias da nosa área sanitaria. Escasez que non solucionou o novo hospital de Vigo, polo brutal recorte en camas de casi un […]

Carta de una hermana de un paciente del Hospital Álvaro Cunqueiro

Escrito por Chola Dacosta Alvarez Por mala suerte mi hermano Valerio , se rompió la cadera y lleva lleva desde el 21 de noviembre en el Cunqueiro. Para poder ver la tele ya lleva gastados 100€, si, 100 y está hasta el ca****o de estar en cama. No puede salir de la habitación porque no hay […]

Volven as masificacións no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

A executiva comarcal de Vigo da federación de sanidade de CCOO, denuncia a masificación do servizo de urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro.  Na tarde de onte a afluencia non pudo ser absorvida polas camas existentes e á primeira hora desta mañá mais de 30 persoas tiñan orden de ingreso, pero o que non tiñan cama […]

Un tres por centro de usuarios con opción de cambiar de hospital exerceron este dereito

Do total da poboación da área sanitaria de Vigo que podían elixir cambiar de hospital de referencia para atención especializada (71.000 usuarios) tan só solicitaron o cambio 2.515 persoas, o que representa o 3,5 por cento. As solicitudes de cambio para recibir atención hospitalaria no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) foron 771, mentres que […]

O comité de Veolia proporá en asemblea convocar folga no mantemento do Cunqueiro

O persoal de Veolia, concesionaria do servizo de matemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, rematou onte mércores coas primeiras mobilizacións convocadas para reclamar un convenio colectivo no centro de traballo que remate coas diferenzas salariais e laborais entre os traballadores/as. A semana que vén celebrarán unha asemblea de traballadores/as, na que o comité proporá […]

O persoal de mantemento do Cunqueiro mobilizarase para reclamar un convenio que iguale as condicións de traballo

O comité de Veolia Servicios Norte, empresa encargada do servizo de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, convoca mobilizacións para reclamar un convenio colectivo específico para este centro de traballo. Con esta iniciativa queren igualar as condicións salariais e laborais do cadro de persoal e así rematar coas importantes diferenzas existentes. A representación legal […]

CCOO denuncia ante a Inspección de traballo as condicións nas que traballa o persoal de enfermaría do Servizo de Escolares do Hospital Alvaro Cunqueiro

A Federación de Sanidade de CCOO de Vigo ven de presentar unha denuncia perante a Inspección de traballo pola situacion que está a padecer o persoal de Enfermaria  do servizo de escolares ubicado na vela F do Hospital Alvaro Cunqueiro. Dende o traslado ao novo hospital, o persoal conta cun cuarto para preparar a medicacion […]

Feijóo destaca que a posta en marcha do primeiro quirófano híbrido de España no Hospital Álvaro Cunqueiro permitirá unha cirurxía máis rápida, segura e precisa

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a posta en funcionamento do primeiro quirófano híbrido de España no Hospital público Álvaro Cunqueiro de Vigo, e un dos dez primeiros de toda Europa, permitirá levar a cabo unha cirurxía máis rápida, máis segura e máis precisa. “Estamos a falar do quirófano máis complexo […]

Suspendida unha operación no Hospital Álvaro Cunquereiro por falta de material

A través dunha mensaxe no noso Facebook e tras contrastar a noticia co ingreso da paciente e máis a folla de reclamacións, o día 27 de agosto de 2017 nos afirman que unha paciente ingresaba no Hospital Álvaro Cunqueiro ás 18h para ser operada ao día seguinte, día 28. No relato dos acontecementos a afectada […]

A privatización dos Servizos de Limpeza de hospitais e centros de saúde

Ante os resultados do Informe do Consello de Contas de Galicia que fiscalizou a privatización dos Servizos de Limpeza de hospitais e centros de saúde, desde a Asociación Galega para a Defensa dá Sanidade Pública veñen a denunciar que esta privatización do servizo público realizouse con absoluta opacidade e falta de transparencia. Desde a asociación […]

As protestas polo peche de camas na área sanitaria de Vigo trasladáronse o Álvaro Cunqueiro

As protestas polo peche de camas na área sanitaria de Vigo trasladáronse o hospital Álvaro Cunqueiro, despois das que tiveron lugar recentemente no Meixoeiro. A Comisión de Centro do Chuvi, promotora da protesta, denuncia que ás camas que se pechan no período estival hai que sumar as que permanecen inhabilitadas no Meixoeiro ao longo de todo o ano. Ao mesmo tempo, entenden que […]

O Sergas sitúa Galicia como un dos líderes mundiais da medicina materno fetal

O servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) porá en marcha un Centro Avanzado de Medicina Materno Fetal que será referencia para toda Galicia en determinados procesos diagnósticos e terapéuticos. Este proxecto foi presentado hoxe polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, nun acto no que estivo acompañado polo xerente […]

Galicia celebra o II aniversario do maior hospital público construído durante a crise grazas ao esforzo de todos os galegos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asistiu hoxe ao acto conmemorativo do II Aniversario do Hospital Álvaro Cunqueiro Medrando xuntos: os bebés do Álvaro Cunqueiro; o maior hospital público construído, aseverou, durante a recesión económica grazas ao esforzo de todos os galegos. Nesta liña, destacou e agradeceu o traballo de todo o persoal sanitario que […]

Povisa organiza el ‘I Curso Teórico-práctico de Monitorización Hemodinámica Avanzada Perioperativa y En Paciente Crítico’

Reducir la mortalidad durante el periodo quirúrgico a través de la formación en monitorización hemodinámica y terapia guiada basada en objetivos concretos. Éste es el objetivo del ‘I Curso Teórico-práctico de Monitorización Hemodinámica Avanzada Perioperativa y En Paciente Crítico’, organizado por el Servicio de Anestesiología y Cuidados Intensivos de Povisa, y que se celebrará el […]

O Hospital Álvaro Cunqueiro acolle o tren solidario informativo de doazón e transplante de órganos do Colexio Monteso

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presentou hoxe no Hospital Álvaro Cunqueiro o Tren Solidario Informativo realizado por alumnos de diferentes cursos da ESO do Centro de Ensinanza Montesol de Vigo. Baixo o lema “Únete á nosa viaxe, doarás vida”, os alumnos confeccionaron un tren informativo dirixido a explicar a doazón de órganos e […]

O CHUVI avisa aos móbiles dos acompañantes dos pacientes cirúrxicos da evolución da intervención

O Hospital Álvaro Cunqueiro está a implantar un novo sistema de avisos aos familiares dos pacientes que están a ser intervidos nos quirófanos. Trátase dunha  plataforma de comunicación baseada no envío de SMS que chegan ao teléfono da persoa que o paciente ou os seus achegados designaron como contacto. O obxectivo desta iniciativa,  non é […]

A alcaldesa de Mos defende os intereses dos seus veciños respecto do aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, ven de anunciar que en dúas semanas comezarán as obras de construción do aparcadoiro do Hospital Álvaro Cunqueiro que terán un prazo de execución duns seis meses. O rexedor local vigués, co despotismo ao que acostuma, informou tamén de que dito aparcadoiro será gratuíto única e exclusivamente para os […]

Un nuevo cierre de camas en hospitales en Vigo este verano y la reducción de la contratación de personal

La Xerencia de Vigo ha comunicado a la Xunta de Personal sus planes para llevar a cabo un nuevo cierre de alrededor de 200 camas este verano en los hospitales de Vigo. Como ha sucedido en ocasiones anteriores, este cierre contribuirá al aumento de las listas de espera en el área, que ya tiene la […]

Logo de dous meses, aínda non funciona a liña de autobús H3 desde Teis ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, ven a denunciar publicamente, que logo de dous meses do anuncio realizado por Abel Caballero, Alcalde de Vigo, aínda non esta en funcionamento a nova liña de autobús H3, que comunique Teis co hospital Alvaro Cunqueiro. O pasado 16 de febreiro, Abel Caballero, anunciaba aos medios de comunicación, que nun […]

O Concello aproba a contratación do aparcamento gratuíto do Hospital por 538.000 euros

O alcalde informou da continuidade do proxecto de construción de 400 prazas de aparcamento de balde trala luz verde da Xunta de Goberno á oferta de contratación das obras por 538.000 euros. Tamén deu o visto bo ao convenio polo que FOANPAS recibe 606.000 euros do Concello para bolsas de comedor. A Xunta de Goberno […]

O sistema sanitario público galego en estado crítico tralos recortes do 18% do orzamento sanitario

A grave situación do sistema sanitario público galego en estado crítico tralos recortes do 18% do orzamento sanitario, eliminación de máis de 1.800 postos de traballo dos que 513 foron prazas de médicos, 200 de enfermeira ou de máis de 450 camas; a utilización da colaboración Público Privada para financiar e xestionar os novos centros […]

Carta de un profesional del servicio de RAYOS del H. Meixoeiro

Por Miguel Alonso Hola a [email protected] Hoy toca reflexionar sobre la “CRÓNICA AGÓNICA DE UNA MUERTE ANUNCIADA “… O por lo menos, en una situación, que vivimos día a día, los que trabajamos en nuestro policlínico MEIXOEIRO. Desde que se hizo efectivo el traslado al HAC. La decadencia de este hospital es pública y notoria… […]

O Parlamento solicita ao Concello que mellore o servizo e conexións de Teis co Hospital Álvaro Cunqueiro

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, solicitar ao Concello de Vigo que mellore o servizo e as conexións de autobús desde o barrio de Teis cara ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro, atendendo así as necesidades dos veciños. A deputada Marián García Míguez criticou que para o Concello de Vigo “haxa […]

Marea de Vigo rexeita a resposta da Comisión Europea sobre o Hospital Álvaro Cunqueiro

Marea de Vigo manifesta a súa desconformidade e desagrado pola forma e polo fondo da resposta da Comisión Europea á denuncia presentada pola Asociación galega para a Defensa da Sanidade Pública (AGDSP). Pola forma, pois dita comisión necesitou 14 meses para dar unha resposta que non entra a dirimir os temas presentados e aduce falta […]

CCOO sanidade de Vigo rexeita as manifestacións do conselleiro de sanidade Vázquez Almuiña referentes a non construir mais hospitais de xestión privada

A executiva comarcal da federación de sanidade da comarca de Viga de CCOO, ven de rexeitar as manifestacións do conselleiro de sanidade Vázquez Almuiña referentes a non construir máis hospitais de xestión privada.   Para CCOO os argumentos utilizados polo conselleiro son absolutamente inconsistentes, xa que non foi a crise os motivos da utilización do […]

A Asociación Veciñal Teis solicitará ao Concello de Vigo ampliar os horarios da liña H3

Na asemblea informativa celebrada na tarde de onte, acordouse solicitar ao Concello de Vigo, unha mellora dos horarios da nova liña H3, desde Teis ao hospital Alvaro Cunqueiro. A asemblea acordou que a nova liña H3 teña unha frecuencia de 60 minutos, para poder dar un bo servizo a veciñanza, que se despraza ao hospital, […]

O Bloque cualifica de “autobús pantasma” o anunciado H3 desde Teis ao Álvaro Cunqueiro

A fronte nacionalista xulga “absolutamente insuficiente” que a nova liña só vaia facer dúas viaxes pola mañá dos días laborábeis. Para o responsábel local do Bloque, Serafín Otero, o anuncio de Caballero é “unha tomadura de pelo á veciñanza da cidade”. O BNG cualificou de “absolutamente insuficiente” a liña H3 anunciada onte polo alcalde da cidade […]

Consideran insuficientes os horarios da nova liña de autobús desde Teis ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, considera insuficientes os horarios da nova liña de autobús H3, anunciada onte por Abel Caballero, que comunicara Teis co hospital Álvaro Cunqueiro. A proposta só inclúe dous servizos ás 7:45 horas e ás 11:00 horas, con regreso ás 10:15 horas e ás 13:15 horas. A proposta de liña non recolle […]

Obras no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

A executiva comarcal da federación de sanidade de Vigo de CCOO considera positivo o cambio de postura dos que non querían contar cun servizo de raios nas urxencias do hospital Álvaro Cunqueiro. O que parece inaudito e que pretendan xustificar o inxustificable.   Co hospital en construcción celadores de urxencias fixeron un estudo donde demostraban […]

O novo plan de xestión de acceso vehiculos ao Hospital Álvaro Cunqueiro fracasa

O novo plan de xestión de acceso a vehiculos ao Hospital Álvaro Cunqueiro anunciado para solucionar as colas cara o aparcadoiro que hoxe tivo o seu primeiro día non tivo ningún efecto positivo, fracasou, xenerou máis confusións e máis colas. Incluso persoal que ten outros horarios, tamén estiveron retenidos a escasos metros da barreira durante […]

Esta mañá, un novo atasco a entrada do Hospital Álvaro Cunqueiro

A Executiva comarcal da Federación de sanidade de CCOO da comarca de Vigo, esixen solucións inmediatas ante a situación das contínuas colas a entrada do Hospital Álvaro Cunqueiro. As fotos son de hoxe a entrada no turno de mañá. Onte hubo atascos importantes na entrada de mañá e tarde e así tódolos días, repercutindo no […]

O servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro novamente desbordado

Esta acontecendo agora mesmo, unha vez máis e así desde fai máis de 2 meses, o servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro está desbordado. Boxes de observación, salas de espera e pasillos do servicio, cheos de pacientes entre os que esperan ser vistos, os que esperan cama e os que están sendo por fín […]

Denuncian a continua improvisación da dirección do CHUVI que se atopa desbordada

A executiva comarcal da federación de sanidade de CCOO, vén a denunciar a continúa improvisación da dirección do CHUVI, desbordada agora pola situación. Pacientes de traumatoloxía son ubicadas na planta de xinecoloxía no Hospital Álvaro Cunqueiro. Neste mesmo hospital pacientes ingresados teñen que cubrirse coa súa propia roupa por carecer de mantas. No Hospital do […]

Denuncian novamente o caos no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro

A executiva comarcal da federación de sanidade de CCOO de vigo ven denunciar un novo caos no servizo de urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro, e xa son demasiados. No día de onte foi un goteo continuado no servizo de urxencias que cos recursos disponibles non pudo absorber a demanda. Así ás 8 da mañán de […]

A xunta de persoal do Chuvi protesta pola falta de aparcamento e o caos de tráfico no Cunqueiro

A xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) desenvolveu unha concentración esta mañá diante do despacho da Xerencia da EOXI, no hospital Álvaro Cunqueiro, para reclamar unha solución á falta de aparcamento que provoca un caos circulatorio no exterior do centro médico especialmente durante as horas punta. Ducias de traballadores/as do Servizo […]