En perigo as traballadoras das cafetarías do Campus da UVigo poden quedar na rúa este Nadal sen dereito a paro

Publicado por o día 26/11/2018 na sección de Galicia,Vigo

En perigo as traballadoras das cafetarías do Campus da UVigo poden quedar na rúa este Nadal sen dereito a paro

A organización estudantil ANEGA vén de emitir un comunicado con respecto á decision de pechar as cafeterías das facultades de Ciencias Económicas e Empresariais e de Filoloxía e Traducción, “deixando as traballadoras na rúa e a centos de estudantes sen servizo”, subliñan.

Esta fin de semana chegábanos a pésima nova do peche das cafeterías das facultades de ciencias económicas e empresariais (FCCEE) e de filoloxía e tradución (FFT) do Campus de Vigo. Este peche imposto pola empresa adxudicataria farase efectivo o día 21 de decembro en ámbalas dúas cafeterías. Como consecuencia as traballadoras serán despedidas quedando na rúa sen dereito a indemnización nin paro.

Por outra banda, as estudantes destas facultades quedarán sen o servizo ofertado, co prexuízo que iso supón. Se non hai cambios nin resposta pola banda das autoridades académicas esta situación manterase até que se convoque un novo concurso, o cal agora mesmo non está completado no curto prazo. 

Por todo isto, dende ANEGA apoiamos á campaña “Non ao peche” iniciada recentemente polas traballadoras para loitar polos seus dereitos. Animamos a todo o estudantado a solidarizarse con elas, achegarse ás cafeterías e participar na recollida de sinaturas que haberá nas dúas facultades afectadas. A súa vez, esiximos solución inmediata dende a universidade ante a brevidade dos tempos. Os dereitos fundamentais das traballadoras non poden estar supeditadas aos intereses empresariais #Nonaopeche