Un andel de palabras e música

Publicado por o día 20/03/2019 na sección de Galicia,Cultura,Eventos,Vigo

Un andel de palabras e música

A Libraría Andel, especializada no libro galego e portugués, tras moitos anos de servicio, vai pechar ás súas portas. Durante máis de vinte anos, ben na rúa Pintor Lugrís, coma agora na rúa das Camelias, esta libraría foi un lugar de encontro e celebración da lingua galega.

Por iso, o Ateneo Atlántico e a Ora Galega (Comité pro centenario das Irmandades da fala) queren ofrecerlle unha homenaxe este Venres 22, ás 20:00h na propia libraría Andel. O acto pretende ser unha festa dos contidos da propia libraría: lectura de poemas, fragmentos de libros e pequenas pezas musicais.

Participan: Marga do Val, Andrea Costas, Marcos de la Fuente, Clara do Roxo, Cris Amoedo, Silvia Penas, Lucía Novas, Xavier R. Baixeras, Liliana Villar, Lola Villar e Toñi Caseiro, Iria Bragado e Antonio García Teixeiro entre outros. O acto estará conducido por Pepe Cáccamo e contará coas propostas musicais de Santiago Ferragud e de Carmen Penim.

Tamén deixarase o micro aberto para quen queira sumarse á lectura.

Os organizadores queren invítar a todolos asistentes a mercar un libro, porque non hai mellor forma de celebrar a vida dunha libraría.

Un recital poético e musical en homenaxe á libraría Andel
Presentado por Pepe Cáccamo
Libraría Andel · Avda. das Camelias, 102
Venres 22 de marzo · 20:00h