«Un animal non é un xoguete» así O Porriño fomenta a adopción de animais abandonados

Publicado por o día 15/10/2018 na sección de Galicia,O Porriño

«Un animal non é un xoguete» así O Porriño fomenta a adopción de animais abandonados

A Asociación Protectora de Animais Lena, antes Asociación Protectora de Animais do Porriño (ASPAP), vén realizar xunto ao concello do Porriño unha campaña de adopción de cans abandonados, ao longo da rúa Ramón González da vila locen nos seus farois fotografías onde mostran unha vintena de cans que salvaron da rúa, cans que necesitan adopción, a campaña é para fomentar a adopción dita campaña ten como titulo «Un animal non é un xoguete». O colectivo elixiu as datas do Nadal para poñer en marcha este plan de sensibilización, conscientes de que é unha época na que se regalan moitos animais de compañía e que, segundo as estatísticas, un 20 % deles acabarán sendo abandonados antes de cumprir un ano de vida.

A Asociación Protectora de Animais Lena é un grupo de voltarios e voluntarias que decidiron crear esta asociación debido á cantidade de abandonos existentes na comarca.

A protectora quere facer ver as vantaxes de adoptar un animal rescatado da rúa, en lugar de compralo nunha tenda ou a un criador con esta campaña.

A protectora traballa con CASAS DE ACOLLIDA, xa que devandito refuxio carece de ningún tipo de axuda económica así o manifestan no seu blogue oficial, tampouco poden acceder a subvencións; sendo o seu único apoio economico as achegas dos seus socios, padriños e as doazóns.

A mostra conta coa colaboración do Concello do Porriño, que cedeu o espazo para que se poidan instalar os farois. Non é a primeira vez que o Concello colabora cunha iniciativa destas características. As voluntarias de Lena colocaron paneis similares na peonil o pasado outono para concienciar sobre o abandono dos animais na rúa. O goberno municipal estuda o cambio de uso dun terreo que podería albergar un refuxio, moi necesario ante a gran cantidade de cans e gatos que cada ano déixanse ao seu libre albedrío.

Ao ano a protectora adoitan recoller máis de 100 animais, entre cans e gatos, pero por falta de espazo nas súas CASAS DE ACOLLIDA, actualmente desbordadas, non poden cubrir nin o 10% das necesidades reais. Por iso esta campaña ten máis sentido

O seu modo de traballar

Cando recollen un animal, o primeiro que fan é levalo ao veterinario para comprobar se ten microchip e facerlle unha revisión. Unha vez feita a revisión e se o animal non está identificado, llo desparasasita externa e internamente e trasládallo á casa de acollida que nese momento estea dispoñible. Alí dánselle os coidados necesarios.

O paso seguinte é a difusión do animal, por se estivese perdido. Esta difusión realízase tanto con carteis colocados na zona onde se atopou e arredores, como na internet a través das redes sociais e do blogue. Unha vez trascurridos os 20 días que marca a lei, se non apareceu o dono, o animal será esterilizado e posto en adopción.

Tentan ademais concienciar á xente da importancia da esterilización e da colocación do microchip, obrigatorio por lei (obrigatoriedade do microchip), para poder combater o abandono e as perdas accidentais.

A pesar de que lles gustaría poder axudar a todos os cans e gatos necesitados, a falta de recursos e medios non o facilita nin o fai sempre posible. Como grupo de voluntarios que son, reunidos e unidos por unha mesma causa, fan todo o que está nas súas mans para que os animais da súa zona atopen un fogar que lles garanta o benestar e unha vida plena digna. Por todo iso, agradecen de antemán que lles mostres o teu apoio e a túa comprensión.

Se estás interesade@ no seu labor e queres unirte a él, contáta ou le sobre as posibilidades que hai de colaborar para elo podes dirixirte na seguinte ligazón: https://lenaproteanimais.wordpress.com/colabora/

Una respuesta para "«Un animal non é un xoguete» así O Porriño fomenta a adopción de animais abandonados"