Un helicóptero do Servizo de Gardacostas rescata a un home tras precipitarse por un acantilado en Nigrán

Publicado por o día 03/01/2021 na sección de Galicia,Nigrán,Sucesos

Un helicóptero do Servizo de Gardacostas rescata a un home tras precipitarse por un acantilado en Nigrán

Foi o mesmo implicado quen solicitou axuda ao 112 Galicia.

O home indicou ao 112 que se precipitara  por un acantilado de bastante altura, na rúa de Lourido Beiramar, na Ramallosa, nunha zona rochosa e que estaba ferido e non se podía mover.

Con estes datos, os xestores do 112 informaron decontado ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e á Policía Local. Así mesmo, puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Baixo Miño, do GES e Protección Civil de Val Miñor.

Unha vez no punto, os servizos de emerxencia alí desprazados, tras valorar a situación comprobaron que a persoa estaba nunha zona completamente inaccesible para facer o rescate tanto por mar como por terra.

Por iso, foi necesario solicitar a colaboración do persoal de Salvamento Marítimo e do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Os Bombeiros comunicaron ao 112 Galicia, que mentres rescataban á persoa, un dos seus compañeiros resultou ferido ao ser golpeado por unha padiola e tamén foi trasladado ao mesmo centro hospitalario.

Finalmente, o helicóptero Pesca1 do Servizo de Gardacostas de Galicia rescatou á persoa ferida e trasladouna ata o Hospital Álvaro Cunqueiro.

Comentar noticia

Your email address will not be published.