Un home resultou ferido, esta tarde, ao caerlle parte dun piñeiro sobre unha perna mentres recollía leña no lugar da Cacharosa, no concello Zas.
O 112 Galicia tivo constancia do feito, arredor das 16:30 horas de hoxe, por parte dos servizos sanitarios de urxencia. Debido á dificultade de acceso ata o lugar, foi o propio persoal da ambulancia quen solicitou axuda ao 112 para facer o traslado do home en padiola.
Nese momento, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou aos Bombeiros de Santa Comba, aos axentes da Garda Civil e a Protección Civil da localidade.
Pouco despois, foron os mesmos membros da Agrupación de Protección Civil de Zas os que confirmaron ao 112 Galicia que acababan de facer, xunto cos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, o traslado do home ata o lugar onde o agardaba a ambulancia. Por isto, non foi precisa a intervención dos Bombeiros.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.