Profesionais e investigadores teñen unha cita virtual oeste mes de xuño na cuarta edición do IV Simposio Internacional de Ensino das Ciencias, SIEC 2018. Este congreso en liña celébrase cada dous anos como un punto de encontro para o intercambio de experiencias e de relación entre todas aquelas persoas interesadas no ensino das ciencias en calquera ámbito educativo.
O comité organizador está composto polos profesores da Universidade de Vigo Pedro Membiela, Mercedes Suárez, Manuel Vidal e Benito Vázquez e a finalidade é debater sobre novos retos e sobre as diferentes perspectivas no referido a calidade e mellora do ensino das ciencias. “É moi importante difundir as experiencias investigadoras e/ou innovadoras porque o intercambio de experiencias axuda a mellorar a práctica”.
En total agárdase a participación de 220 persoas de diferentes países e presentaranse arredor de 240 comunicacións. Na organización do congreso participan tamén expertos na docencia das ciencias tanto estatais como de Arxentina, Brasil, México, Francia, Portugal, Chile, Colombia ou Italia.
Tres días de debates
Ao longo dos tres días de congreso abordaranse entre outros temas as metodoloxías de investigación na ensinanza das ciencias nunha mesa redonda na que participarán Fanny Seroglou, da Aristotle University of Thessaloniki; Jonathan Osborne, da Stanford University e Sibel Erduran, da University of Oxford, UK e que será moderada por Agustín Aduriz, da Universidade de Bos Aires. Outra das mesas redondas destacadas afondará na avaliación na ensinanza das ciencias e nela participarán Christine Harrison, do King’s College; Jens Dollin, da University of Copenhagen e Robin Millar, daUniversity of York, co Laurinda Leite, da Universidade do Minho, como moderadora.
A investigación sobre o profesorado de ensinanza das ciencias centrará outro dos debates prioritarios, para o que se contará coas achegas de Elaine Wilson, da University of Cambridge; Fred Janssen, da Leiden University; Julie Luft, da University of Georgia e Kira Padilla, Universidad Nacional Autónoma de México, que se ocupará da moderación. Un cuarto tema de debate desta edición do simposio centrarase na investigación sobre ensinanza das ciencias de orientación sociocultural. Para afondar neste eido intervirán Dana L. Zeidler, da University of South Florida; Kenneth Tobin, The City University of New York; Russell Tytler, da Deakin University e Marta Romero, da Universidade de Jaén, como moderadora.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.