Un total de 234 persoas presentan a súa candidatura ás primarias de Podemos para as eleccións municipais en Galicia

As votacións telemáticas se celebrarán do 1 ao 5 de febreiro en 22 municipios da comunidade
Publicado por o día 30/01/2019 na sección de Podemos,Política

Un total de 234 persoas presentan a súa candidatura ás primarias de Podemos para as eleccións municipais en Galicia

Un total de 234 persoas presentaron a súa candidatura para concorrer ás primarias de Podemos para elixir ás candidatas que se presentarán ás eleccións locais do próximo mes de maio en 22 municipios galegos.

A lista de candidatas e candidaturas pode consultarse neste link.

https://primariasmunicipales2019.podemos.info/votacion/galiza-galicia/

As votacións realizaranse de maneira telemática entre o 1 e o 5 de febreiro. A proclamación de resultados será o día 6 de febreiro, tras o reconto de votos e a aplicación das auditorías antifraude ás que se someten todos os procedementos electorais do partido.

Ademais dos municipios onde se celebran primarias, Podemos Galicia traballa para elaborar listas propias ou de unidade popular en máis de 25 municipios da comunidade, e antes das eleccións municipais prevé preparar máis candidaturas noutras localidades galegas onde conta con inscritas dispostas a participar nelas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.