O Diario Oficial de Galicia de hoxe publica o anuncio polo que se dá publicidade á relación provisional de solicitantes admitidos e excluídos, e os resultados provisionais de baremación, no proceso de inscrición de aspirantes nas listas para vinculacións temporais na categoría de enfermeiro especialista en enfermería pediátrica do Sistema Público de Saúde de Galicia. Están inscritos un total de 64 profesionais.
O departamento sanitario autonómico dá un paso máis na implementación das especialidades de enfermería, -iniciado coa creación da categoría polo Decreto 81/2016, do 23 de xuño, e seguido no ámbito da selección temporal coa entrada en vigor das primeiras listas de enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria.
A lista provisional de admitidos e excluídos coa asignación aos primeiros da puntuación provisional acadada atópase publicada na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, os aspirantes admitidos poden consultar desde hoxe, no seu expediente electrónico persoal (Fides/expedient-e) a súa posición relativa e o número de orde nas listas xeradas; así como de ser o caso, as causas de rexeitamento dalgún dos méritos presentados, dotando de total transparencia ao proceso de selección.
Na mesma resolución ábrese un prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao día da publicación, para que as persoas interesadas poidan formular as alegacións que estimen oportunas con relación á súa inadmisión e aos resultados obtidos na baremación provisional. A estimación ou desestimación das reclamacións presentadas, logo da súa análise e valoración, incluirase na resolución pola que se publiquen as listas definitivas, que determinará a data de entrada en vigor de tales listas.
Disporán do mesmo prazo as persoas que tendo presentado debidamente a solicitude non consten como admitidas nin excluídas.
Próximas publicacións
Proximamente, publicaranse as listas definitivas das seguintes categorías: enxeñeiro técnico, grupo de xestión da función administrativa, grupo técnico da función administrativa, técnico de grao medio en prevención de riscos laborais, técnico superior en prevención de riscos laborais, técnico especialista de sistemas e tecnoloxías da información, técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, técnico superior de sistemas e tecnoloxías da información, médico do traballo, psicólogo clínico, farmacéutico de atención primaria, fisioterapeuta, logopeda, médico asistencial do 061, médico coordinador do 061, odontólogo de atención primaria, terapeuta ocupacional e traballador social.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.