Únete ao club de lectura da biblioteca Xosé Neira Vilas

Por o 21/06/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Únete ao club de lectura da biblioteca Xosé Neira Vilas
Compartir en:

O club de lectura é un grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes (1 e 3 xoves) na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de intercambiar ideas e opinións con outras persoas lectoras.

Destinatarios: Persoas socias do club

Prazas: 25 participantes

Inscrición:  As persoas interesadas  en participar no club poden formalizar a súa inscrición a  partir das 10.30 h do 18 de setembro de forma presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono e correo electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. A participación no club é gratuíta e as prazas cóbrense por orde de inscrición.

Teléfono: 986267759

 Biblioteca Xosé Neira Vilas

 Horario: Xuño  xoves  6 e 20  ás 19.00 h

 Gratuíto

Comentar noticia

Your email address will not be published.