Unha veciña de Vigo, Ana Garcia Roman iniciou unha campaña dirixida ao Señor Alcalde de Vigo, Abel Caballero contra o proxecto das cintas mecánicas que o alcalde quere levar acabo na Gran Vía.
Ana Garcia rógalle ao Alcalde de Vigo, D. Abel Caballero; por medio desta petición dirixímonos a vostede para rogarlle que considere a opinión de moitos vigueses. Porque non a todos gústanos esta transformación dunha das rúas máis señoriais da cidade. NON ÁS RAMPLAS ELECTRÓNICAS DE GRAN VÍA.
SUPOÑEN UN ALTO CUSTO en montaxe, consumo en continuo e mantemento. Non será mellor dedicar ese diñeiro ao seneamiento doutras rúas e a AXUDAS SOCIAIS?
ESTETICA, a Gran Vía, arteria principal da cidade, é preciosa así tal e como está. Estas ramplas con cuberta quitaran sen dúbida encanto á avenida.
NON HAI unha solución menos custosa e igualmente practica? Ocórresenos unha moi sinxela, que seria: UN AUTOBÚS de plataforma baixa, GRATUÍTO E PERMANENTE de Urzaiz a Praza de España para que todo vigues utilice se o necesita.
SAÚDE, Isto é gañar en calidade de vida? Os médicos recoméndannos a todos camiñar a calquera idade, os maiores máis amodo, pero sempre facelo. A poboación con minusvalías físicas son minoría, polo tanto, non resultan tan necesarias. Pasear baixo cuberta non é saudable, mellor sempre o aire libre. E na primavera e verán con altas temperaturas utilizásense con calor?.
MELLOR, aproveitamento do bulevar central. Pensaron vostedes en crear exposicións temáticas ou en calquera tipo de manifestación artística, que podamos gozar?.
O PEQUENO COMERCIO de Gran Via, non sae moi beneficiado con estas ramplas. Axudemosles sempre!!! aos de casa primeiro.
“OS REDEROS” Fantástica escultura de Ramón Conde. É xa tan nosa como o Sireno de Porta do Sol. Respectemos o que ben está. Vigo, ten identidade propia e orgullo, esta escultura represéntanos. Unha bela alegoría dedicada ao esforzo dos nosos homes do mar merece lugar preferente… o que xa ten.
En aras dunha malentendida modernidade xa perdemos os tranvías, edificios emblemáticos e fantásticas vistas á nosa ria. Non perdamos tamén esta beleza. SEÑOR ALCALDE, POR UN VIGO MAIS HUMANO E MENOS MECANIZADO.
Cabe sinalar que coa instalación destas cintas mecanicas a transformación eliminará as 128 árbores actuais entre eles camelios centenarios. Aquí poden participar na campaña que Ana Garcia Roman empezo en Change. org
Noticias de última hora en Vigo