Unha nova sesión de «Benestar e ioga» nos Directos de Afundación – TV, con Sandra Roco

A Obra Social de ABANCA continúa con esta proposta para os seus Directos de Afundación-TV para seguir dinamizando a súa actividade de benestar desenvolvida nos espazos +60
Publicado por o día 03/05/2020 na sección de Eventos

Unha nova sesión de «Benestar e ioga» nos Directos de Afundación – TV, con Sandra Roco

Afundación en casa presenta mañá, luns 4 de maio, unha nova sesión de «Benestar e ioga», inspirada da nas actividades que, de maneira habitual, se viñan desenvolvendo nos seus espazos +60. Co obxectivo de seguir coidando a saúde e promovendo os bos hábitos, todos os luns e xoves, Sandra Roco conduce unha sesión de «Benestar e ioga» en directo a partir das 11.00 h para todas as persoas que se inscriban aquí.

Este programa articúlase en dúas sesións semanais de adestramento online en directo nos se traballará tanto o aspecto físico do ioga, como o emocional.

Todos os luns se presenta un modelo de clase, cun plan de adestramento para poder repetir desde casa, ata a seguinte cita. As semanas están deseñadas para ir avanzando con contidos distintos e complementarios.

Este programa xorde para dinamizar a vida activa e saudable que Afundación, a través dos seus espazos +60, promove durante todo o ano, e, así, seguir acompañando no día a día todas as persoas que se queiran sumar ao programa, pero en especial a toda a comunidade creada nos espazos +60.

Comentar noticia

Your email address will not be published.