O pai de Boo, Sylvester Davis, cultivaba algodón e tocaba varios instrumentos. Tocaría xunto a John Le Hooker, Elmore James e Robert Pete Williams. Boo Boo lembra como estes e outros músicos pasaban longas tempadas na súa casa ensaiando. Ao cinco anos, Boo Boo tocaba a harmónica e cantaba na igrexa coa súa nai. Aos trece xa tocaba a guitarra e aos dezaoito xunto ao seu pai e os seus irmáns formaron The Lard Can Band, banda coa que viaxou por todo o Delta. A principios dos anos sesenta dirixiuse ao norte de San Luís onde formou parte da escena alí creada tocando con xente como Albert King, Ike Turner, Chuck Berry e moitos outros.
Boo Boo Davis visitará o 19 de Julio por primeira vez Vigo coa súa banda para presentar o seu último álbum Tree Man (2019). Será todo un privilexio ter a unha lenda viva do Blues entre nós.
Concerto dentro do Mais Que Blues: Ciclo internacional de Blues.
Colaboran: Cervexas Alhambra Estudo Tres RKV Radio GRAVELROAD76
19 de Xullo Sala Rouge (Vigo) 22:00H 10€ Ant. 15€ Taq. A venda en Discos ElepeHonky Tonk Discoswww.ataquilla.com Entradas Ataquilla.com
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.