Por iniciativa dos participantes de Masa Crítica Vigo, en colaboración con Bicicleando e Casco Vello Alto dende A Golpe de Pedal Vigo vos invitamos a asistir á proxección do documental “Why We Cycle”, do ano 2017, e que se está a exhibir por todo o mundo. Sábado 11 de maio de 22:00 a 23:00.
Un documental sobre a bicicleta e a forma na que nos pode cambiar o noso ritmo de vida diario e facernos máis felices, incluido na programación Mes Vive Vigo en Bici2019. A proxeción documental será na PRAZA DO ABANICO, CASCO VELLO ALTO. (Rúa San Sebastián 8, Vigo) (en caso de choiva nos trasladaríamos a un local cuberto).
ASISTENCIA LIBRE.
E logo unha charla coloquio sobre o mesmo e sobre a iniciativa reivindicativa “Masa Crítica” que se leva a cabo en Vigo e en moitas outras cidades do mundo tódolos meses.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.