Vigo acollera o único concerto de Ana Popovic unha das grades divas do Blues internacional

22 de Marzo Vigo
Publicado por o día 18/03/2019 na sección de Cultura,Eventos,Galicia,Vigo

Vigo acollera o único concerto de Ana Popovic unha das grades divas do Blues internacional
Ana Popovic e a súa poderosa banda están incansablemente de xira, tocando nos principais festivais de blues, jazz e rock de todo o mundo e este 22 de Marzo estará en Vigo realizando o seu único show en toda Galicia.
Estamos ante unha das divas do Blues, que se viu obrigada a deixar o seu Belgrado natal para escapar da guerra dos Balcáns, asentándose coa súa familia en Amsterdam, ata que en 1998 múdase definitivamente a Memphis para dedicarse en alma á súa paixón pola guitarra e o Blues. Compartiu escenarios con BB King, Buddy Guy, Joe Bonamassa, Gary Clark Jr. e unha infinidade de grandes nomes do mundo da música. Foi nomeada en numerosas ocasións para os Blues Music Awards, copou as portadas de prestixiosas revistas como Vintage Guitar ou Guitar Player, cada novo disco sempre chega ao Top 5 do Billboard Blues Charts. Non hai dúbida algunha, Ana Popovic é unha lenda viva do Blues e o 22 de Marzo demostrarao sobre o escenario da sala Rouge.
Data: 22 de Marzo
Apertura Portas 21:30 H
Recinto: Sala Rouge
Rúa Pontevedra nº 4 Vigo
Prezo entrada Anticipada: 25€ – Prezo Despacho de billetes 30€
Entradas á venda via online en www.ataquilla.com e nas tendas Elepé e Honky Tonk Discos (Vigo)