Vigo Convention Bureau ten un novo socio, Global Eventos

A Vigo Convention Bureau esta de parabéns
Publicado por o día 17/04/2019 na sección de Galicia,Vigo

Vigo Convention Bureau ten un novo socio, Global Eventos

Hoxe a Vigo Convention Bureau estan encantados de dar a benvida a un novo socio de Vigo Convention Bureau: Global Eventos.

Trátase dunha empresa cunha longa experiencia na montaxe de carpas (aluguer e venda), montaxe de casetas de todo tipo e aluguer de mobiliario. A empresa ofrece un servizo integral de infraestrutura e conta con profesionais perfectamente preparados para que o resultado sexa dunha total calidade.

Ademais, Global Eventos dedícase ao aluguer de equipos audiovisuais (megafonía e iluminación profesional, pantallas de plasma, videowall led, proxectores…), co que completa os elementos necesarios para a celebración de todo tipo de eventos.

A empresa pontevedresa organizou desde feiras e exposicións a actos inaugurais, presentacións e tamén eventos deportivos para as institucións máis importantes de Galicia. Ofrecen ademais a oportunidade de confeccionar os proxectos completamente a medida. A vantaxe coa que contan é que, ao ser fabricantes, poden adaptarse ás necesidades dos clientes e
ofrecer boa calidade a prezos axustados.

Global Eventos acaba de recibir o Wedding Awards 2019 na categoría Especialidades, o premio máis importante do sector nupcial.

Un éxito garantido para o teu evento.

Desde a fundación Vigo Convention Bureau dan a benvida a esta nova empresa.