Vigo Seafest 2019 ficha aos chefs Javier e Sergio Torres como imaxe oficial da cita gastronómica anual na capital europea da pesca

Publicado por o día 14/06/2019 na sección de Galicia,Vigo

Vigo Seafest 2019 ficha aos chefs Javier e Sergio Torres como imaxe oficial da cita gastronómica anual na capital europea da pesca
O festival, que terá lugar do 4 ao 7 de xullo, impulsará a cociña innovadora e de autor con diversos showcooking, degustacións e un concurso de tapas con 12 especies de peixes
 
A III edición do “Festival Arvi Do Peixe, Vigo SeaFest”, cita de referencia en España para a gastronomía do mar, fichou aos reputados chefs Javier e Sergio Torres como imaxe oficial deste evento, que ten como protagonista ao peixe e as súas múltiples variantes culinarias.
 
A presenza dos irmáns Torres, xunto a un elenco de 12 chefs –11 galegos e un portugués–, é a mostra palpable de que o epicentro do Vigo SeaFest na súa edición de 2019 é a cociña de autor, baseada en produtos do mar.
 
Tras participar na inauguración do Festival, que terá lugar o 4 de xullo pola tarde na caseta de ARVI, os irmáns Torres realizarán un showcooking a catro mans aberto ao público, e, posteriormente, formarán parte do xurado que elixirá o restaurante gañador do Concurso de Tapas do mar –sortearanse 12 especies de peixe entre os restaurantes participantes– que terá lugar ese mesmo día.
 
Os chefs Torres, que cultivaron este ano dúas novas estrelas Michelin e tres Soles Repsol para o seu novo restaurante Cociña Irmáns Torres de Barcelona, farán valer en Vigo, e para o peixe, o seu principio de “sacar o máximo rendemento do produto coa mínima manipulación”.
 
Promovido por ARVI, Vigo SeaFest 2019, terá lugar do 4 ao 7 de xullo nos xardíns de Elduayen, 23.000 metros cadrados na Zona Náutica de Vigo. O evento contará, ademais, cunha ampla programación de concertos diúrnos e nocturnos –coas actuacións destacadas de The Secret Investments, Lle Suite Band, The Swinging Flamingos, DJ Panko, Clarence Bekker Band, e
 
Aurora & The Betrayers, entre outros–, actividades deportivas, espectáculos escénicos e de animación rueira, talleres familiares, así como unha gran área de exposición onde se dará cita o complexo mar-pesca.
 
O éxito das dúas primeiras edicións do Festival do Peixe, que atraeu a máis de 100.000 visitantes locais e foráneos en 2018, ha germinado nun VigoSeaFest2019 que inclúe entre as súas novidades diversas actividades organizadas para nenos con diversidade funcional e reafirma a Vigo como capital europea da pesca.
Para consultar la programación: https://vigoseafest.com/
Cocina Hermanos Torres