Volve o “Mais Que Blues” a Vigo

Ciclo Internacional de Blues
Publicado por o día 05/02/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Volve o “Mais Que Blues” a Vigo
Volve o “Mais Que Blues“ a Vigo, un Ciclo Internacional  onde durante todo o 2019 achegaremos ata o  sur de Galicia nomes históricos do Blues Tradicional e novas bandas que manteñen vivo o espíritu independiente do Vello Blues. A continuación vos presentamos os primeiros artistas que abrirán este Ciclo Internacional de Blues que inundará de boa música e historia a cidade de Vigo durante todo o ano. Un ciclo organizado por River Bucks Asociación Cultural  en colaboración con Cervezas Alhambra.
 
ENTRADAS ONLINE : WWW.ATAQUILLA.COM
ENTRADAS FÍSICAS: ELEPÉ E HONKY TONK DISCOS (VIGO)
PRECIO POR CONCERTO: 10€ Ant. 15 € Taq.
 

TERRY “HARMONICA” BEAN: SÁBADO 16 DE FEBREIRO 22:00H

Terry é un dos tesouros mellor gardados do Mississippi, poseedor dun estilo propio e definitivo da armónica. O longo da sua extensa carreira musical tocou con grandes do Blues como Willie Foster, Booba Barnes, Boogaloo Armes, Big George Borck, Big Jack Jhonson, Sper Chikan, RL Burnside, Junior Kimbrough, Asie Payton e James “T-Model Ford, entre outros. Será todo un luxo comezar o Mais Que Blues 2019 cunha lenda do Blues Tradiconal como é Mr Terry Bean.
 
ROBBY PEOPLES : DOMINGO 24 DE FEBREIRO 21:00H
Robby é un dos novos talentos do Blues, un verdadeiro showman capaz de enganchar o público dende o primeiro minutos gracias a sua gran técnica ca armónica, os seus frenéticos bailes e a sua cautivadora voz. Estará acompañado pola banda de Denver “The Congress” e xuntos ofrecerán un show moi especial, o seu único concerto 100% Blues de toda a xira española, onde rendirán homenaxe a toda sua influencia blusística.
MR. SIPP: DOMINGO 10 DE MARZO 21:00H
Mr Sipp é un dos mellores bluesman dos últimos anos, gañador de innumerables premios. Mr Sipp manten na sua música o respeto polo Blues Tradicional pero incorporando a rabia e a enerxía do novo Blues máis eléctrico. Procede de McComb (Mississippi) e gracias a sua constante dedicación a música convertiuse nun gran guitarrista, compositor e productor musical. Estará arropuado pola sua propia banda na que será unha das grandes noites do “Mais Que Blues” 2019
TAIL DRAGGER: VENRES 15 DE MARZO 22:00H
Mr Tail Dragger é hisoria viva do Blues, incluso o seu apodo foi posto polo grandioso Howlin Wolf. Pertence a extensa canteira de bluesmen xurdidos en Texas e creceu musicalmente baixo a influencia de bluesmen clásicos como Sonny Boy Williamson ou Boyd Gilmore. O directo de Dragger segue atraindo a públicos de todo o mundo, inmersos nesa mescolanza de fascinación, historia e realidade. É nos seus concertos onde rebrota toda a sua maxia e o seu sentido de humor, nunha continua interacción co público de inicio a fin.