X Torneo Benxamín Prebenxamín de Fútbol 8 Alondras CF

Publicado por o día 28/03/2018 na sección de Galicia,Cangas

X Torneo Benxamín Prebenxamín de Fútbol 8 Alondras CF

Este martes, día 27 de marzo, tivo lugar a presentación do X Torneo Prebenxamín-Benxamín de Fútbol 8. Ao acto acudiron o concelleiro de Deporte, Xoán C. Chillón Iglesias, o directivo do Alondras, Pepe García, e o coordinador do Alondras, Jesús Fernández.

O evento terá lugar o vindeiro sábado, día 31 de marzo, no Campo de Fútbol do Morrazo, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 19:30 horas. Nel enfrontaranse un total de 16 equipos nas categorías Benxamín e Prebenxamín, xuntándose 250 participantes.

Cada partido terá unha duración de 25 minutos, con dous tempos de 12 minutos cada un. A entrega de trofeos terá lugar ás 19:45 horas.

Como novidade, esta tempada poderase facer un seguimento online do torneo na páxina web https://www.siguetuliga.com/.

O obxectivo claro deste evento é pasar unha estupenda xornada festiva e facer desfrutar a toda a familia. Xoán Chillón invita a toda a veciñanza a asistir e recalca que é unha actividade que marca o inicio da programación especial polo 90 aniversario do Club Alondras CF.

Descargas