Xose Manuel Beiras presentará o seu novo libro na librería Cartabón

Publicado por o día 04/06/2019 na sección de Galicia,Cultura,Eventos,Vigo

Xose Manuel Beiras presentará o seu novo libro na librería Cartabón
Este Xoves, na Libraría Cartabón da rúa Urzáiz, o Ateneo Atlántico, a editorial Laiovento e Xose Manuel Beiras presentan o seu novo libro titulado “Nuredin o taxista e Amedine o pintor“.

O libro é unha reportaxe, unha crónica e unha narración; un conxunto de textos escritos a raiz de dúas xuntanzas do Consello Internacional do Foro Social Mundial o que explica o seu subtítulo de “Crónicas e figuracións dun transmundo colonial”. Ainda que o volume trata, dende diferentes puntos de vista, a problemática do colonialismo tanto explícito como non explícito, o propio autor, fala del como unha obra “máis literaria que ensaistica“.

O acto celebrarase este xoves, 6 de xuño, ás 20:15h, na Libraría Cartabón

Presenta polo Ateneo Atlántico a escritora e crítica literaria, Laura Caveiro, acompañando a propio autor, Xose Manuel Beiras.

Entrada libre e gratuita ata completar aforo (50 persoas)

Presentación do libro “Nuredin o taxista e Amedine o pintor”
de Xose Manuel Beiras
Presenta Laura Caveiro, escritora
Libraría Cartabón · r/ Urzáiz 125
Xoves 6 Xuño · 20:15h