A Xunta convoca tres liñas de axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero cun orzamento de máis de 4,15 millóns

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as tres convocatorias
Publicado por o día 02/01/2018 na sección de Xunta de Galicia

A Xunta convoca tres liñas de axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero cun orzamento de máis de 4,15 millóns

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe tres convocatorias de axudas destinadas ás mulleres vítimas de violencia de xénero, cuxo orzamento total ascende a máis de 4,15 millóns de euros.

O obxectivo fundamental desta iniciativa é proporcionar ás mulleres apoio económico para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica fronte ao agresor, que lles posibilite dar o primeiro paso para romper coa situación de violencia.

primeira das resolucións ten por obxecto convocar para 2018 as axudas económicas individuais de carácter periódico de apoio ás mulleres que sofren violencia de xénero, ou vítimas de trata. Poden ser solicitadas ao longo de todo o ano, e dispoñen dun orzamento inicial de 3,7 millóns de euros.

A contía media da axuda sitúase nos 600 euros mensuais, variando entre os 300 e os 800 euros en función do número de menores a cargo ou de se a solicitante ten algún tipo de discapacidade.

segunda resolución inclúe dúas liñas máis de axuda: as de pagamento único (nun só pago) e as de indemnizacións (fixadas por sentenza xudicial), dotadas con 400.000 e 55.000 euros respectivamente. Neste caso, o prazo de solicitude comezará a partir de mañá e rematará o próximo 30 de novembro.

As axudas de pago único van dirixidas a aquelas mulleres con insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego. Pola súa banda, a última liña de axudas está destinada a aqueles casos nos que se teña incumprido por insolvencia o pago da indemnización á vítima, sempre que esta estea fixada por sentenza xudicial.