O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a licitación das obras de construción da estación de tratamento de auga potable (ETAP) da plataforma loxística industrial Salvaterra – As Neves (Pontevedra) por preto de 6,3 millóns de euros. As obras inclúen a captación de auga no río Miño e un depósito regulador.
As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro día 5 de febreiro. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información relativa a este anuncio: https://goo.gl/ETZEsK
O Goberno galego licita esta obra segundo o acordado pola comisión de seguimento do condominio da Plisan que forman a Autoridade Portuaria de Vigo, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta.
O investimento será achegado polos tres membros do condominio en función da súa participación no mesmo:
• Autoridade Portuaria de Vigo: 60,580 %.
• Xunta: 18,295 %
• Consorcio da Zona Franca de Vigo: 21,125 %
O prazo total de execución será de 22 meses, dos que os 10 primeiros corresponderán ás obras de construción da ETAP e os 12 restantes á súa posta en marcha e explotación.
Actualmente na Plisan están rematadas as obras dos sistemas xerais, nas que se investiron preto de 11 millóns de euros, e xa se adxudicou a redacción do proxecto e construción da estación depuradora de augas residuais da Plisan por importe de máis de 3,1 millóns de euros. A adxudicación inclúe a construción da depuradora, accesos á mesma, colectores de entrada e saída, acometida eléctrica e outros traballos necesarios para a posta en marcha da mesma, así como o mantemento das instalacións durante os tres primeiros anos.
Por outra parte, o Consorcio da Zona Franca de Vigo licitou o pasado 23 de decembro as obras de urbanización da zona LE (Loxístico empresarial) por un importe que supera os 10,13 millóns de euros achegados polos tres organismos que compoñen o condominio.
Con estas actuacións a primeira fase da Plisan quedará dispoñible para a implantación na mesma das empresas interesadas.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.