XXXV Edición Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Publicado por o día 30/05/2018 na sección de Galicia,Cangas

XXXV Edición Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

O Auditorio acolleu o luns a presentación XXXV edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que se desenvolverá en Cangas desde o 29 de xuño ata o 8 de xullo. En total, albergará arredor de 30 actividades que se realizarán en múltiples espazos da vila co fin de acercar esta rama das artes escénicas ao pobo, ademais de converter o municipio na capital do teatro cómico.

A programación completa pódese atopar na páxina web http://www.mostrateatrocangas.org/index.php?lang=gl. Dentro da mesma inclúense sete funcións no auditorio municipal (Divinas palabras revolution, Paraíso pintado, A Leituga, Nómades, Maghi per una notte, Playoff, Jazz bodas de fígaro), nove funcións de Teatro na Rúa (Animacreques, Rojo estándar, EZ SUB, Carilló, Rojo, Un belo día, Autoestopista intergarláctico, Loutkovistě, Los secretos de Mr. Stromboli), oito eventos (María Mazás. Exposición antolóxica, presentación SOFT POWER, pregón inaugural por TATÁN, Revoltallo en pedra, presentación ‘A solas conmigo’, premio Mulleres en Acción a Asunción Bernárdez Rodal, premio Xiria ao labor teatral a Mabel Rivera), dous obradoiros (Obradoiro de creación escénica e A terapia das palabras), nove espazos alternativos (Brinde, Na butaca Na butaca [fantasía nº3 en Dor Maior]Chick Flick + Confio-te o meu corpoII Torneo de Dramaturxia de GaliciaSilda & HadriánTeatro InvisibleMonstruaciónO Tartufo. Lectura dramatizadaLaboratorio de estremonías) e tres charlas e coloquios (Mulleres nas artes vivas e visuais, Mulleres nas artes vivas e visuais: María Mazás, coloquios entre público e escena). Un dos puntos fortes consiste en que todos os días haberá animación na rúa, optimizando así os espazos dispoñibles para as artes escénicas.

O alcalde do Concello, Xosé Manuel Pazos Varela, aproveitou a ocasión para rememorar o inicio da Mostra hai 35 anos: “Agora conta cunha programación máis extensa e de calidade, pero nunca perdeu o seu carácter esencial de ocupación de espazos alternativos. Sen dúbida, trátase do evento cultural máis importante de Cangas e desde o Concello apostamos por ela. Quero agradecer á Deputación por racionalizar unha axuda para este evento, así como a AGADIC e a SGAE. A maiores, dar as grazas a Frigoríficos do Morrazo e ao comercio local polas súas aportacións. E non me podo esquecer da organización seria e comprometida sen a cal isto non sería posible”.

O deputado de Cultura, Xosé Leal, destacou que o evento está consolidado como “a festa do teatro a nivel galego, xunto con Ribadavia. Con ela democratízase un arte, lévase á rúa, tanto en ámbitos públicos coma privados. Un dos aspectos máis importantes co que conta a Mostra de Cangas é que sempre foi precursora no tema do xénero, xa que leva a cabo a promoción do traballo en clave feminina”.

O cartel deste ano é unha obra de Diego Seixo, o cal fixo unha coreografía pintada das imaxes de María Mazás.

 

Infórmase tamén de que xa están a venta os abonos. Velaquí todos os datos:

VENDA DE LOCALIDADES

  VENDA DE ABONOS

Do 21 de maio ao 18 de xuño de 2018.

ataquilla.com

Teléfono: 902 504 500

Prezo do abono: 45€*

A adquisición do abono ten as seguintes vantaxes:

– Desconto de 8€ sobre o prezo das entradas en taquilla.

– Garante a entrada sen colas no despacho de billetes para todos os espectáculos.

– Permite elixir as butacas mellor situadas, o beneficiario do abono disporá da mesma butaca durante toda a Mostra.

 

VENDA ANTICIPADA PARA CADA UN DOS ESPECTÁCULOS

A partires do 20 de xuño ata o mesmo día da representación de cada espectáculo.

ataquilla.com

Teléfono: 902 504 500.

Prezo: 8€* (Agás o espectáculo: NÓMADAS. Prezo: 5€).

 

VENDA DE ENTRADAS O MESMO DÍA DA FUNCIÓN

Despacho de Billetes do Auditorio, dúas horas antes do comezo da función.

Prezo: 8€ (Agás o espectáculo: NÓMADAS. Prezo: 5€).

 

ESPECTÁCULOS PROGRAMADOS NO AUDITORIO INCLUÍDOS NO ABONO E PARA OS QUE SE PODEN ADQUIRIR ENTRADAS INDIVIDUALMENTE

Venres, 29 de xuño: DIVINAS PALABRAS REVOLUTION.

Sábado, 30 de xuño: PARAÍSO PINTADO.

Domingo, 1 de xullo: A LEITUGA.

Martes, 3 de xullo: NÓMADAS.

Xoves, 5 de xullo: MAGHI PER UNA NOTTE.

Venres, 6 de xullo: PLAYOFF.

Sábado, 7 de xullo: JAZZ BODAS FÍGARO.

 

*O público da Mostra ten un servizo de venda de localidades exclusivo SEN GASTOS  de xestión pola compra anticipada de entradas ou abonos.

 

Pódese atopar toda a información na web da Mostra: http://www.mostrateatrocangas.org/index.php?lang=gl