A Fundación para a Diabetes seleccionou a 19 persoas con diabetes tipo 1 e tipo 2 de Galicia tras seis meses de adestramento e centos de quilómetros percorridos, os peregrinos, xunto a outros 81 de toda España afrontarán, do 15 ao 19 de xuño, cinco etapas do camiño con meta en Santiago de Compostela que nace e morre en Galicia, o Camiño Inglés.
Este ano, o reto ‘Camiña pola Diabetes’, para o que a Fundación para a Diabetes contou co apoio de Novo Nordisk e distintas asociacións locais, terá o seu punto de partida na localidade de Neda, desde a que partirán o 15 de xuño ata culminar os 109 quilómetros en Santiago de Compostela, o 19 de xuño. Durante eses días, os peregrinos terán a oportunidade de camiñar xunto ao mar, facer parada nas poboacións de Pontedeume e Betanzos, e ir aos poucos introducíndose na Galicia rural, pasando por Hospital de Bruma e Sigüeiro, e finalizando con éxito na capital de galega.
Durante os cinco días que permanezan camiñado, segundo asegurou Ana Mateo, Xerente da Fundación para a Diabetes, “non só botarán un pulso á súa diabetes, senón que tamén viaxarán ao centro da mesma, afrontando o día a día de cada etapa, compartindo experiencias, e o máis importante, servindo de exemplo para millóns de persoas en España”. Neste sentido, matizou que, grazas a esta actividade, “demostrarase que non existen límites e que é importante incorporar a actividade física á rutina diaria e mellorar os hábitos alimentarios para axudar a controlar a diabetes tipo 1 e 2 e reducir posibles complicacións”.
A escasas semanas de facer fronte a este desafío, a motivación e a ilusión asolagan os corazóns dos 19 peregrinos de Galicia que, coa mochila en man, as zapatillas calzadas e un sorriso de orella a orella esperan impacientes deixar a súa primeira pegada no camiño.
Estudo prospectivo observacional
Durante o Camiño, un equipo de profesionais sanitarios voluntarios encargarase de recoller datos relativos ao número de hipoglucemias e hiperglucemias experimentadas polos peregrinos e asociadas ao exercicio físico durante a súa participación no reto ‘Camiña pola Diabetes’, co obxectivo de estudar os efectos do exercicio sobre o nivel de glicosa en sangue.
Acerca da Fundación para a Diabetes
A Fundación para a Diabetes é unha entidade que aposta por un estilo de vida saudable e pon ao dispor da poboación as ferramentas necesarias para previr a diabetes e as súas complicacións asociadas, así como para levar un bo control da diabetes. Actúa enerxicamente para crear unha conciencia social e un amplo coñecemento de diabetes e traballa pola integración das persoas con diabetes en todos os ámbitos da vida. A web da Fundación para a Diabetes conta cunha canle de prensa dirixido a xornalistas interesados, onde poderán atopar información e un completo arquivo de recursos gráficos relacionados.
Sobre Novo Nordisk
Novo Nordisk é unha compañía global de coidados sanitarios con 95 anos de innovación e liderado no coidado da diabetes. Esta herdanza deulle a experiencia e a capacidade adecuadas para axudar ás persoas que padecen outras graves patoloxías crónicas: hemofilia, trastornos do crecemento e obesidade. Novo Nordisk ten a súa sede central en Dinamarca, emprega a unhas 42.700 persoas en 79 países e comercializa os seus produtos en máis de 170 países. Para máis información, visite novonordisk.com, Facebook, Twitter, Linkedin, YouTube.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.