O Ceesg colabora coa Asociación Carballo Vivo para a organización destas xornadas, que pretenden contribuír a promover o interese pola cultura e tradicións propias da parroquia de Carballo e do Concello de Friol, ademais de supor unha oportunidade para analizar a situación do rural e poder coñecer experiencias e estratexias que nos permitan contribuír a impulsar iniciativas de desenvolvemento social e económico na contorna.
Será os días 17 e 18 de maio, e 1 de xuño en Friol.
A xornada do 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, xirará en torno á figura de Antón Fraguas. Outra figura homenaxeada nestas xornadas será Xan de Forcados, na xornada do 18 de maio. No día 1 de xuño, porase o foco na figura do lobo.
É unha actividade aberta a todos os públicos, de todas as idades e profesións. Todas as actividades son gratuítas excepto a cea do día 18.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.