A 15k do Atlántico 2019 contará tamén con teatro e unha ruta cabalar

Publicado por o día 12/09/2019 na sección de Galicia,A Guarda

A 15k do Atlántico 2019 contará tamén con teatro e unha ruta cabalar

O vindeiro 29 de setembro regresa unha das probas deportivas con maior número de participantes na Comarca do Baixo Miño, a 15k do Atlántico, que este ano trae moitas novidades coma unha ruta en patíns, charlas, ruta en cabalo, unha obra de teatro, a tradicional andaina e, como non podería ser doutra forma, a carreira.

As inscricións para participar na 15k do Atlántico seguen abertas na web  www.bancomediolanum15kseries.com contando xa con máis de 200 inscritos na modalidade de carreira. As inscricións pechan o 25 de setembro.

A Carreira partirá como cada ano dende o Campo de Fútbol de Oia, percorrendo parte do trazado do Camiño Portugués da Costa pasando polo Rosal ata chegar ao Porto da Guarda, onde estará a liña de meta.

Este ano contarase con actividades complementarias como una Ruta Cabalar que terá lugar o sábado 28 de setembro ás 17:00h e que percorrerá os municipios da Guarda, O Rosal e Oia con chourizada para os participantes ao remate. As inscricións para a Ruta Cabalar están abertas a un prezo simbólico de 5€ en www.multisportdacosta.com ou no teléfono 627 419 528.

Tamén contarase este ano cunha novidade, a representación teatral de “O veleno, ¿So ou con leite” a cargo do grupo oiense “Os Melhores do Ghrupo”, que terá lugar o domingo 29 de setembro ás 19:00h na esplanada do Mosteiro de Oia.