A obra acometerá melloras no solado do primeiro andar, concretamente procederase a substituír o actual solado por gres cerámico antibacteriano. Ademais realizarase o acondicionamento de dous postos, un anexo á terraza e outro máis no mesmo andar, de cara a abrir nos próximos meses un procedemento de presentación de ofertas para a adxudicación deses postos […]
O Concello da Guarda, a través do departamento de novas tecnoloxías, implementou fai 5 anos unha APP móbil, dispoñible para dispositivos Android e IOS, que permite acceder dun xeito doado e simplificado a multitude de servizos e trámites que pode facer a cidadanía. Dende a súa posta en funcionamento xa foi descargada por máis de […]
Hoxe na Casa dos Alonso consumouse outra “ilegalidade mais” por parte da Comunidade de Montes da Guarda, argumenta a Plataforma Veciñal a Guarda. 12 persoas votaron a favor dunha candidatura que vai xestionar unha Comunidade de Montes que debera ter a día de hoxe, polo menos 81 comuneiros. Esta asemblea contou con unhas supostas “irregularidades” […]
O Concello da Guarda aprobou no pasado mes de decembro a modificación da Ordenanza Fiscal Reguladora da Taxa de Recollida do Lixo que permitirá aos comerciantes e hostaleiros da vila solicitar a devolución do 25% da taxa do lixo. Establécese unha cota tributaria reducida do 75% das tarifas vixentes relativas a aqueles establecementos que desenrolen […]
Os 40 veciños da Guarda que compoñen a Plataforma Veciñal de [email protected] pola Comunidade de Montes da Guarda, se dirixiron a todas as institucións, entidades, asociacións e colectivos, e a todos os veciños que as compoñen, para denunciar publicamente a “gravísima” situación na que se encontra o monte. Nos últimos tres anos case 40 […]
O luns día 11 de xaneiro celebrouse o Día do Usuario/a das Bibliotecas e dende a Biblioteca Pública Municipal da Guarda fíxose entrega dun diploma e libros de agasallo para os mellores lectores do pasado ano nas categorías xuvenil, infantil e adulto. Os premiados recibiron da man da concelleira de Cultura, Montserrat Magallanes, un diploma […]
O Concello da Guarda instalou dous puntos de recollida para as luces de Nadal que se repartiron entre o alumnado dos centros educativos da vila dentro da Campaña de Nadal 2020-21 e que serviron para guiar aos Reis Magos. As familias que así o desexen poderán depositalas nos contedores instalados no andar baixo e no […]
La Guardia Civil detuvo a dos vecinos de A Guarda como presuntos autores de cerca de una veintena de robos en una empresa del mismo municipio dedicada al sector de la calderería, donde sustrajeron más de 2.000 kilos de recortes de acero inoxidable y 1.500 litros de gasoil. Las investigaciones realizadas por el Equipo de […]
A Consellería e Sanidade, decidiu esta mañá establecer medidas restritivas nos concello coruñés de Laxe, e nos concellos pontevedreses de Lalín, A Guarda, O Rosal, Vilabaoa e Poio, logo da reunión do Subcómite clínico de expertos que se encarga de revisar a situación epidemiolóxica en Galicia. Entres as medidas que terán que adoptar estes concellos […]
A deputada de Transición Ecolóxica e Medio Ambiente, Iria Lamas, xunto ao alcalde da Guarda, Antonio Lomba, visitou as obras acometidas no punto limpo da vila, ao abeiro do proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do “lixo electrónico” promovido pola Deputación de Pontevedra. A actuación, cun orzamento total de 53.588,06 euros entre obras e subministracións, permitiu […]
A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de instalar un novo pantalán na zona portuaria de Camposancos, no municipio pontevedrés da Guarda. Esta instalación conta cun investimento de preto de 50.000 euros. O novo pantalán entrará en servizo proximamente e Portos de Galicia coordinará a compatibilidade dos usos desta instalación, incluída […]
Esta acción realízase ao abeiro do o proxecto europeo ESTRAEE de reciclaxe do “lixo electrónico” promovido pola Deputación. A provincia de Pontevedra revalida, con estes recursos, a súa posición como referencia europea, e mesmo mundial, no marco da protección do medio ambiente e no cumprimento da Axenda 2030. O proxecto ESTRAEE (Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos […]
A Orquestra Clásica de Vigo levará a súa orquestra de corda á Guarda, no castelo de Santa Cruz, este sábado día 22 de agosto cunha programación baseada no romanticismo, cunha selección de pezas que nos levarán da obra de Felix Mendelssohn, da que se interpretará sinfonía para dez cordas ao postromanticismo inglés de E. Elgar […]
A Cámara Municipal de Caminha(Portugal) e o Concello da Guarda, ultiman xa os preparativos para o I Encontro do libro Luso-Galaico da Ribeira do Miño, un evento cultural que terá lugar de xeito simultáneo o venres 21 e sábado 22 de agosto nos concellos veciños a ámbalas dúas ribeiras do Río Miño. Nesta primeira edición […]
O martes día 18 de agosto de 2020 a Casa dos Alonso foi o escenario elixido para acoller a Presentación do V Campionato Galego Inclusivo Slalom de Motonáutica, unha proba deportiva que terá lugar o sábado 22 de agosto a partires das 11:00h no Porto da Guarda. Neste acto de presentación estiveron presentes Antonio Lomba […]
Wayuu é unha entidade sen ánimo de lucro que conta con sede en Galicia e que ten como obxectivo a recadación de fondos para mellorar as condicións de vida do pobo Wayuu, asentado na península de Guajira, sobre o Mar do Caribe. Dita entidade encargarase da montaxe de varias casetas que ofrecerán produtos de artesanía […]
A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda o venres día 21 e sábado día 22 de agosto. Este autobús estará emprazado na Rúa Rosalía de Castro(Ao Carón do Centro Cultural) o venres 21 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas e o sábado 22 […]
O Concello da Guarda acolle este mércores día 19 de agosto a Presentación da 90ª edición Encontro Internacional da FICC 2021, un encontro internacional que tan só se celebrou en tres ocasións en territorio español na súa longa traxectoria, e que se celebrará na Guarda o vindeiro ano. A presentación ante os medios de comunicación […]
O vindeiro domingo día 30 de agosto a Agrupación Guardesa de Pescadores, Mariñeiros e Mariscadores non profesionais “O Buxeiro” organiza, en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, unha gran recollida de plásticos na costa da Guarda. Esta actividade, que conta coa colaboración da Concellería de Medio Ambiente do Concello da Guarda, […]
O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, ante o período de seca que levamos atravesando nas últimas semanas, con falta de precipitacións e temperaturas moi elevadas, ten decidido tomar medidas para que o abastecemento de auga chegue a todas e todos os veciños. Por iso, dende o Concello, apelamos á veciñanza […]
Fai uns días se tivo constancia dun ataque vandálico contra os paneis informativos instalados nas Salinas do Seixal na costa da Guarda. O Concello da Guarda, a través da Concelleira de Patrimonio, Montserrat Magallanes, ven de facer público a súa condena en contra deste ataque contra o patrimonio da vila da Guarda, realizado nas explicacións […]
O próximo xoves día 13 de agosto a Plataforma en defensa da Sanidade Pública da Guarda convoca unha nova concentración ás 12 da mañá diante do centro de saúde da Guarda. Serafín Fernández Portela, portavoz da plataforma manifestou “A falta de médicos e persoal sanitario continúa. De 8 médicos que hai en plantilla na actualidade […]
As Consellerías de Economía, Emprego e Industria e de Sanidade impulsan un acordo marco para o desenvolvemento de proxectos de enerxías renovables nun total de 28 centros de saúde da Comunidade que permitirán mellorar a eficiencia enerxética dos edificios e importantes aforros nas súas facturas enerxéticas. Entre os beneficiados atópase o centro de saúde da […]
“Son dúas actuacións que responden a demandas históricas da Guarda, que permiten reformular zonas estratéxicas polo seu interese turístico e medioambiental, no caso da praia do Muiño, e pola mellora de espazos públicos no caso da humanización do entorno das rúas Vigo e Celta”. Así resumiu a presidenta da Deputación, Carmela Silva “os dous compromisos […]