A Omix da Guarda abre inscricións para un Curso de Monitor/a de tempo libre

A OMIX do Concello da Guarda comeza a inscrición no curso de Monitor/a de tempo libre.
Publicado por o día 21/01/2021 na sección de Galicia,A Guarda

A Omix da Guarda abre inscricións para un Curso de Monitor/a de tempo libre

O curso inclúe materia específica en atención á diversidade e tamén o curso de Manipulador/a de alimentos.

A data prevista de comezo será o 6 de marzo.

Os requisitos básicos para poder acceder ao curso son: ter cumpridos os 18 anos antes da data de comezo do curso e estar en posesión do título de Educación Secundaria ou no seu defecto graduado escolar.

Prezo da formación: 245€ para persoas en situación de desemprego e 265€ tarifa ordinaria.

Existe a posibilidade de fraccionar o pago.

Máis Información na OMIX da Guarda, no mail informacion@aguarda.es ou no teléfono 986610000 ext 7

Inscricións online no seguinte formulario: https://forms.gle/fzxBC5prcqo2raeF9

O curso impartirase nas fins de semana nas instalacións municipais, ademais parte desta formación teórica será impartida de forma online.