A Guarda acolle o 23 de agosto un encontro de Ioga ao aire libre

Publicado por o día 03/08/2020 na sección de Galicia,A Guarda

A Guarda acolle o 23 de agosto un encontro de Ioga ao aire libre

O Castelo de Santa Cruz da Guarda será o escenario para a realización de “Ioga de Verán”, o segundo encontro de ioga ao aire libre para todos os públicos que se vai desenvolver o domingo 23 de xullo ás 10:30h.

Cada participante deberá traer unha esteira ou toalla, un cinto ou un foulard.

Esta actividade é totalmente de balde, pero é preciso unha inscrición previa no seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSd2H9Z6-F8mglI7HYZQhs3p8GdbLk0BlteWDbvcwhLfWJlnXg/viewform?vc=0&c=0&w=1

Os interesados en participar poden ampliar información no Departamento de Deportes do Concello da Guarda chamando ao 690 928 751 ou contactando en deportes@aguarda.es