A Xunta convoca oito novos permisos de explotación para percebe a pé na confraría da Guarda

O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles, tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería
Publicado por o día 06/11/2019 na sección de Galicia,A Guarda,Mar

A Xunta convoca oito novos permisos de explotación para percebe a pé na confraría da Guarda

A Consellería do Mar convoca oito novos permisos de explotación para percebe a pé na confraría de pescadores da Guarda. Para poder optar a eles, os solicitantes deben cumprir, entre outros, os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, polo que se regulan os permisos de explotación para exercer a actividade pesqueira e o que establece a orde que regula a explotación dos recursos específicos. Ademais deben presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar.

Os interesados poderán consultar a convocatoria na páxina web da Consellería no seguinte enlace. O prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

As solicitudes e a documentación acreditativa deberán presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada). Tamén se poderán presentar en papel nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. As solicitudes que cumpran os requisitos establecidos serán estudadas e baremadas de acordo co baremo para obter o permiso de explotación a pé para recursos específicos, aprobado pola resolución do 4 de maio de 2016 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.