«Igual a nós» chega á Guarda este venres

Publicado por o día 27/01/2020 na sección de Galicia,A Guarda

«Igual a nós» chega á Guarda este venres

Este venres día 31 de xaneiro ás 20:00h o Centro Cultural da Guarda acolle a actividade “Igual a nós”, onde potenciarase o uso das novas tecnoloxías e converterase nun espazo de encontro para mellorar a autoestima persoal e grupal das mulleres da vila.

A Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa Consellería de Política Social, están levando a cabo por diferentes provincias de Galicia, xornadas para a prevención e sensibilización sobre igualdade e violencia de xénero, denominadas «Igual a Nós» e orientadas principalmente a mulleres maiores.

A actividade terá unha duración aproximada dunha hora e media e dividirase en dous bloques: en primeiro lugar, nunha representación escénica e, en segundo lugar, nun coloquio para afondar e debater os conceptos abordados na representación como a corresponsabilidade, coeducación, aplicación EscApp, entre outros. O obxectivo destas actividades están enfocados á eliminación das tradicións sexistas, que moitas veces dificultan a visibilización de situacións de maltrato.

Realizarase no Centro Cultural de A Guarda, ás 20h da tarde e a entrada é de balde previa inscrición.

Todas as persoas interesadas en participar deberán inscribirse contactando co Centro de Información á Muller da Guarda no teléfono 986 61 0000(ext.4025), a través do enderezo electrónico muller@aguarda.es ou inscribíndose directamente no formulario online: https://forms.gle/QiMEQmzgBzy4NrNg8 ¡As prazas son limitadas!