O pasado día 23 de xullo Antonio Lomba, alcalde da Guarda e Montserrat Magallanes, tenente de alcalde, mantiveron unha reunión en Santiago de Compostela con Susana Lenguas, presidenta do ente público Portos de Galicia. Na reunión faláronse diferentes temas que o concello da Guarda ten sobre a mesa e que afectan a competencias de Portos. […]
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de iniciar hoxe as obras de mellora do firme na estrada PO-552 ao seu polos concellos de Vigo, Nigrán, O Rosal e A Guarda, cun investimento de case 830.000 de euros. Esta intervención está a ser executada pola empresa Arias Infraestruturas, S.A., por un importe de preto de […]
A CIG-Saúde participou na acción de protesta que realizaron esta mañá traballadoras e traballadores eventuais para denunciar a contratación fraudulenta do SERGAS, que volve renovar directamente os contratos realizados ao inicio da pandemia sen ter en conta as listas de contratación actuais. A protesta desenvolveuse nos arredores da rotonda de acceso ao Hospital da Coruña […]
As medidas extraordinarias impulsadas esta mesma semana pola Deputación de Pontevedra para que os concellos máis pequenos da provincia puidesen dispoñer de recursos para facer fronte ao COVID-19 están a espertar unha grande acollida ás poucas horas de ser aprobadas. Deste xeito, ata as 14.00 deste venres, xa eran 40 as solicitudes de achegas provinciais […]
O vindeiro sábado día 15 de febreiro terá lugar na Guarda a segunda das actividades do proxecto “O Camiño Aguárdate”, coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes […]
A Concellería de Cultura e a Concellería de Turismo do Concello da Guarda preparan unha animada e divertida programación para este Entroido 2020 con actividades para todas as idades que arrancarán na xornada do venres 21 de febreiro co tradicional Desfile dos Colexios da vila. A programación inclúe, ademais das citas obrigatorias do Desfile dos […]
O vindeiro sábado día 8 de febreiro ás 20:00h a Casa dos Alonso da Guarda acolle a inauguración da Exposición “Airiños aires, Rosalía”, unha mostra que supón unha viaxe a través dos espazos vitais polos que transitou Rosalía de Castro e na que o fotógrafo Xurxo Lobato rastrexa o peregrinar da escritora por distintos puntos […]
A oficina do peregrino publica elabora as estadísticas dos peregrinos que se achegan as súas instalacións para acadar a Compostela ou o diploma que acredita a peregrinación ata Santiago de Compostela. Uns datos completos e obxectivos que amosan a importancia e relevancia que esta a obter o Camiño Portugués da Costa, que no ano 2018 […]
No mes de novembro de 2019 arrancaba na Guarda o obradoiro de emprego “Manuel B. Portela VI” de “Atención sanitaria a persoas dependentes no domicilio”, un programa mixto de emprego e formación no que 20 participantes acadarán un certificado de profesionalidade. A finalidade do obradoiro e mellorar a ocupabilidade das persoas desempregadas posibilitando ao alumnado […]
O Concello da Guarda ven de facer pública esta mañá as Bases de Participación no Desfile-Concurso de Entroido 2020, que terá lugar o vindeiro martes día 25 de febreiro ás 17:30h dende a Praza de San Bernardo(“Esquina Famosa”) e que percorrerá as rúas Galicia e Rosalía de Castro ata a Alameda da Guarda, co obxectivo […]
Na xuntanza entre as asociacións que reclaman un futuro para o porto da Guarda, celebrada, o venres 24 de xaneiro, no antigo local da confraría de pescadores; O alcalde, Antonio Lomba, e os membros da comisión de seguimento (Confraría de Pescadores, Piuerio, ORPAGU E Alagua), informaron sobre o contido da reunión mantida en Santiago, o […]
A pasada fin de semana realizouse na Guarda a primeira das actividades do proxecto “O Camiño Aguárdate”, coa que o concello guardés participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade deste proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os […]
Este venres día 31 de xaneiro ás 20:00h o Centro Cultural da Guarda acolle a actividade “Igual a nós”, onde potenciarase o uso das novas tecnoloxías e converterase nun espazo de encontro para mellorar a autoestima persoal e grupal das mulleres da vila. A Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa Consellería de Política Social, […]
Os dous concellos acordan que os máximos mandatarios se reúnan para acordar iniciar os trámites cara irmanamento. O venres tivo lugar unha reunión con representantes da Asociación Piueiro, que presentou una solicitude no concello propondo a creación dunha Comisión Organizadora para o Irmanamento con Povoa de Varzim. Se trasladou por parte do goberno a disposición […]
A PO-352 é sen dúbida algunha unha das principais arterias de comunicación da Guarda, basta dicir que é a única conexión entre o casco urbano da Guarda e a Parroquia de Camposancos, tanto polo Oeste como polo Este, alén de suliñar que conduce a todas as praias fluviais da nosa vila. Con estas referencias resulta […]
A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño convoca a provisión dunha (1) praza condutor persoal laboral temporal para cubrir a baixa por enfermidade do actual titular. 1ª.- OBXECTO DA CONVOCATORIA E CARACTERÍSTICAS DA PRAZA a) É obxecto da presente convocatoria a provisión dunha (1) praza condutor persoal laboral temporal para cubrir a baixa por enfermidade do […]
O Departamento de Servizos Sociais do Concello da Guarda informa que dende o día 21 de xaneiro está aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único para fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2020. Poderanse beneficiar desta axuda as persoas con fillos/as menores de tres anos, nacidos entre […]
Esta fin de semana A Guarda acolle a primeira das actividades do proxecto “O Camiño Aguárdate”, coa que o concello participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade do proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes e os peregrinos. Nesta […]
Despois de anos de xestións do alcalde da Guarda, Antonio Lomba e de miles de quilómetros en viaxes a Santiago, acompañado, a maioría das veces, pola anterior concelleira de Servizos Sociais, Tere Vicente, a construción da nova Escola Infantil da Guarda plasmarase na sinatura dun convenio entre a Xunta e o concello en próximas datas. […]
Dende a tarde deste mércores día 15 de xaneiro unha avaría obriga a cancelar as viaxes do Ferry Boat que comunica A Guarda e Caminha. A previsión é que se resolva a incidencia na xornada do venres 17 e se recupere a normalidade no servizo. Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. […]
O mércores 15 de xaneiro do 2020 representantes das asociacións guardesas, ORPAGU, Piueiro, Alagua e Confraría de Pescadores, encabezados polo alcalde, Antonio Lomba, tiveron unha reunión en Santiago coa conselleira do Mar, Rosa Quintana, e a presidenta de portos de Galicia Susana Lenguas, para trasladarlle as demandas da cidadanía guardesa, en relación ao futuro do […]
Un ano máis, o Concello da Guarda estará presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR) que este ano celebra, do 22 ao 26 de xaneiro, a súa 40ª edición. A Guarda promocionarase como en anos anteriores no stand de Turismo de Galicia e o mércores 22 participará na presentación oficial do Xeodestino Ría […]
A pasada semana remataron os traballos de pintado de varios murais do primeiro andar do Conservatorio Elemental de Música da Guarda, obra da artista local Tamara Baz. A Concelleira delegada do Conservatorio de Música, Mª Elena Baz, visitou xunto coa artista o remate destes traballos, que consistiron na realización de varios murais no primeiro andar […]
A Concellería de Desenvolvemento Local convoca ao sector do comercio da Guarda a unha reunión de seguimento para valorar a pasada Campaña de Nadal 2019/20. Neste encontro tamén terá cabida a proposta de ideas que permitan perfilar futuras liñas de actuación de cara á dinamización comercial durante esta e as vindeiras anualidades. Fátima Rodríguez Marcos, […]
O xeodestino turístico Ría de Vigo e Baixo Miño está a piques de celebrar a súa posta de longo. Os 14 alcaldes e alcaldesas dos concellos que abrangue este xeodestino (A Guarda, Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, O Porriño, O Rosal, Oia, Pazos de Borbén, Redondela, Soutomaior, Tomiño e Tui) acudirán a vindeira […]
O fin de semana do 25-26 de xaneiro terá lugar a primeira das actividades do proxecto “O Camiño Aguárdate”, coa que o concello guardés participa no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia. A finalidade do proxecto é divulgar os valores do camiño entre a poboación local e buscar un maior achegamento entre estes […]
A Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa Consellería de Política Social, están levando a cabo por diferentes provincias de Galicia, xornadas para a prevención e sensibilización sobre igualdade e violencia de xénero, denominadas «Igual a Nós» e orientadas principalmente a mulleres maiores. Na Guarda, esta actividade realizarase o venres 31 de xaneiro ás 20:00h […]
A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural continúa coa súa apostando pola formación como ferramenta para mellorar a capacitación dos recursos humanos do territorio. Por este motivo, e tras o éxito acadado en 2018 e 2019, a Escola Eu Rural pon en marcha a terceira edición do programa ‘Coas mans na masa’, un itinerario formativo que […]
A Guarda pecha a programación e actividades do Nadal 2019/20 este domingo co peche da Pista de Xeo da Alameda e o apagado do alumeado de Nadal. Malia que inicialmente as previsións eran as de manter a Pista de Xeo ata o vindeiro día 19 de xaneiro, debido a baixa afluencia e demanda da mesma, […]
No mes de maio de 2019 o Concello da Guarda solicitou, ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, unha subvención con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C-20500489 por importe de 21.000€ para o cofinanciamento da contratación de 7 traballadores/as […]
A Unidade Móbil 0 de inspección técnica de AGRICOLAS desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións: do 03/02/2020 ao 03/02/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda) O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás: Para solicitar cita previa: […]
A Unidade Móbil 9 de inspección técnica de CICLOMOTORES desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións: do 14/02/2020 ao 17/02/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda) O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás: 14/02/2020 que será horario […]
A Unidade Móbil 6 de inspección técnica de TURISMOS desplazarase ao Concello de A GUARDA nas seguintes datas e ubicacións: do 19/02/2020 ao 03/03/2020 Estación de Servicio San Roque (A Guarda) O horario habitual de atención será de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás: 03/03/2020 que será horario […]
Mañá xoves día 9 de xaneiro de 2020 xa se poderán solicitar as citas para a primeira visita das unidades móbiles no concello este ano para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) correspondentes ao primeiro trimestre de 2020. A apertura do prazo para a solicitude de novas citas nos meses xaneiro, febreiro e […]
A Mancomunidade do Baixo Miño pide á Xunta que solucione a continuidade de dúas persoas no Centro San Xerome Emiliani. Os representantes dos concellos de Oia, A Guarda, O Rosal, Tui e Tomiño reuníronse con este fin co Director Xeral de Maiores e Persoas con DiscapacidadeConsellería de Política Social co Director Xeral de Maiores e […]
O taller de lectura feminista da Guarda organiza un evento que consistirá na representación da performance ‘Un violador no teu camiño’. A performance foi creada polo colectivo feminista chileno Las Tesis. Representouse por primeira vez en novembro de 2019 en Santiago de Chile durante unha manifestación en contra da violencia contra as mulleres. O obxectivo […]
O Concello da Guarda ven de anunciar a ampliación ata o vindeiro 16 de xaneiro da Aula de Estudo para que todas aquelas persoas que ao longo das vacacións de Nadal precisen dun espazo para poder estudar, acudan ata o Sinde vello. Ante a demanda dun grupo de estudantes universitarios da nosa vila, este nadal […]
Esteiro do Miño: 4 figuras de protección… No treito internacional da desembocadura do Miño conflúen dúas figuras de protección españolas (ZEC Baixo Miño ES1140007 e ZEPA Estuario del Miño ES0000375) e outras dúas portuguesas (ZEPA PTZPE0001 Estuário dos rios Minho e Coura e LIC PTCON0019 Rio Minho). … que non protexen das desfeitas Dende o […]
O Museo do Mar da Guarda, que forma parte da Rede Municipal de Museos xunto co MASAT (Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega) e o Centro de Interpretación do Castelo de Santa Cruz, é un dos once novos centros que xa forman parte da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA). A rede REMA é un […]
O Concello da Guarda deu a coñecer onte, nunha reunión co sector do comercio do municipio, as principais novidades da Campaña de Nadal deste ano 2019. A reunión, que se celebrou na Casa dos Alonso e que contou coa asistencia de máis dunha vintena de comerciantes, estivo encabezada pola Concelleira de Desenvolvemento Local, Fátima Rodríguez. […]