A Omix da Guarda organiza un Curso de cociña sobre Panadería

Publicado por o día 06/09/2018 na sección de A Guarda,Galicia

A Omix da Guarda organiza un Curso de cociña sobre Panadería

A Omix da Guarda abre o prazo para inscribirse no curso de panadería e masas que terá lugar os venres de 18:00 a 21:00 horas a partir do vindeiro 5 de outubro e que se prolongará ata o 16 de novembro.

No curso os asistentes aprenderán a elaborar masas con diferentes fariñas, masas doces, salgadas, masa madre, entre outros conceptos indispensables para a elaboración de pan.

O curso ten un custe de 40€, no que se inclúe todo o material preciso polos participantes.

Para inscribirse e ampliar información, todas as persoas interesadas poden achegarse ou chamar a OMIX da Guarda no 986610000 ext.1015 ou escribir un mail a [email protected]