Inscricións abertas para o Curso de Conservas “Coas Mans na Masa” na Guarda

Publicado por o día 11/01/2019 na sección de Galicia,A Guarda

Inscricións abertas para o Curso de Conservas “Coas Mans na Masa” na Guarda

A Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eurural, dentro do traballo de animación, formación e posta en valor do noso territorio, pon en marcha o itinerario formativo ‘Coas mans na masa’ que trae á Guarda os días 4, 5 e 6 de febrero de 2019 un Curso de elaboración artesanal de Conservas que se realizará na Escola Unitaria de San Lorenzo(7 Camiños) en horario de tarde de 16:30h a 20:30h. Trátase dun curso no que se tratará de facer chegar ás persoas participantes coñecementos sobre a elaboración artesanal de conservas con produtos da nosa contorna.

As persoas participantes aprenderán a realizar diferentes métodos de conservación de produtos agrarios de tempada, así como técnicas de hixene, seguridade e saúde na elaboración destas conservas.

As inscricións están xa abertas de xeito gratuito a través dun formulario online na web de Eu Rural, as prazas son limitadas. http://eurural.org/formulario-coas-mans-na-masa