A OMIX da Guarda oferta un obradoiro de proxectos artísticos e outro de inglés

Publicado por o día 25/03/2019 na sección de Galicia,A Guarda

A OMIX da Guarda oferta un obradoiro de proxectos artísticos e outro de inglés

A Oficina Municipal de Información Xuvenil da Guarda abre as inscricións para dúas novas actividades que terán lugar no mes de abril.

Obradoiro de proxectos artísticos

Por unha banda iniciarase un obradoiro para a realización de proxectos artísticos, unha actividade que terá unha duración total de 3 horas e que se realizará no mes de abril nunha data aínda por confirmar.

Obradoiro de inglés

Se os idiomas son un problema para ti, neste obradoiro mellorarás o teu dominio do inglés no día a día, cun curso especial para a vida cotiá, que terá lugar os martes e xoves en horario de 20:00h a 22:00h cun prezo de 25€ ao mes.

Máis información e inscricións na OMIX da Guarda no teléfono 986 61 0000 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es