O Centro Cultural da Guarda acolle este venres ás 21:00h unha nova sesión do cinema de inverno coa proxección da película “O gran showman”, apta para todos os públicos.
“O gran showman” é unha película dirixida por Michael Gracey y protagonizada por Hugh Jackman que está baseada na historia real do fundador do circo Ringling Brothers and Barnum & Bailey Circus, Gañou O Globo de Ouro á Mellor canción por This is me e recibiu nominacións a Mellor actor de comedia ou musical e a Mellor película de comedia ou musical, así como a nominación a Mellor canción nos Oscar.
Esta proxección forma parte dos diferentes ciclos de cinema que se organizan ao longo do ano dende a Concellería de Cultura, unha actividade de balde ata completar o aforo, para a que non é preciso retirar entradas con anterioridade.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.