Últimos días de inscrición para a XXIV Travesía a nado do Porto da Guarda

Publicado por o día 03/09/2019 na sección de Galicia,A Guarda

Últimos días de inscrición para a XXIV Travesía a nado do Porto da Guarda

Este sábado día 7 de setembro celebrase no Porto da Guarda a XXIV edición da Travesía a Nado do Porto da Guarda, un evento que congrega cada ano a un bo número de deportistas profesionais e amateurs.

Promovida e xestionada pola Concellería de Deporte da Guarda e Noko Deporte y Salud.  Contará coa colaboración do club de Remo Robaleira, Club ALAGUA e Confraría de Pescadores Santa Tecla.

As inscricións pechan este mércores día 4 de setembro ás 23:59h da noite a través da web www.galitiming.com contando con dous percorridos de 400m.(Categorías A, B, C e D) e de 1200m.(Categorías E, F, G, H, I, J,K e L).

Como novidade esta edición estará cronometrada polo que a inscrición ten un custe:

  • 6€ inscritos ata o 31 de agosto.
  • 8€ inscritos entre o 1 e o 4 de setembro.
  • As categorías de nenos (A, B, C e D) son de balde.

A inscrición inclúe:

  • Gorro numerado
  • Seguro accidentes
  • Cronometraxe
  • Avituallamento final

Os nadadores non federados menores de 18 anos precisan que o pai, nai ou titor autorice a súa participación. O impreso de autorización debe enviarse asinado previamente a info@noko.es ou, en último caso, pode entregarse no momento de recollida do gorro.

A proba comezará ás 12:00h no Porto da Guarda, con saída dende as escaleiras do muelle, facendo un percorrido polo interior do recinto portuario, marcado por boias. O neopreno só se poderá utilizar se a temperatura da auga e menor aos 18º ou por decisión da organización.

Regulamento.

Autorización dos menores.