Despois deste primeiro concerto, o vindeiro sábado día 30 de marzo o Centro Cultural acollerá o segundo concerto do Ciclo de Música Coral contando coa participación do Coro «Gli Appassionati».
O coro «Gli Appassionati» nace no ano 2012 da man da mezzosoprano Nuria Lorenzo, é unha formación coral integrada por xoves “apaixoados” polo canto e a música en xeral que os define como grupo. Este coro representa a consolidación dun esforzo por crear unha formación vocal de gran calidade abordando unha gran variedade de repertorio de gran dificultade que inclúe obras de música Clásica, Pop, e do folclore internacional con plenas garantías de éxito e alto nivel de esixencia.
Os seus compoñentes posúen unha sólida preparación vocal e musical así como unha ampla experiencia coral, gañando numerosos premios e contando cun gran palmarés no que se inclúen 10 Premios nacionais, 1º Premio no I Certame Nacional de Canto Coral de Villanueva de la Serena de Badajoz, Premio Especial do Público no L Certame da Canción Mariñeira de San Vicente de la Barquera en Cantabria, Finalistas no LXIII Certame Internacional de Habaneras e Polifonía de Torrevieja, 1º Premio no II Certame de Corais Vila de Arbo, entre outros.
Sen dúbida unha extraordinaria oportunidade de escoitar a unha das mellores formacións corais no Centro Cultural da Guarda, a entrada é de balde ata completar o aforo e o inicio do concerto será ás 20:30h, retirada de entradas previa dende o 25 de marzo no Centro Cultural.
Para máis información http://corogliappassionati.com/
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.