Os cursos ofertados son a segunda parte do curso de Panadería e elaboración de masas e un curso de Lingua de signos.
O curso de panadería terá unha duración de 15 horas e realizarase en horario de 18:00h a 21:00h todos os venres. A cota por participante será de 40 euros e inclúe todo o material empregado durante o curso.
O curso de lingua de signos realizarase os martes e xoves de 19:15h a 21:15h e terá unha duración total de 30 horas, a cota por participante será de 20 euros.
Os cursos comezarán a finais do mes de febreiro, unha vez se cubran as prazas ofertadas nos mesmos.
Toda a información e inscricións poderase atopar na OMIX, a través do teléfono 986 61 0000, no mail [email protected] ou no perfil de FACEBOOK de OMIX A Guarda.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.