O MASAT e o Museo do Mar volverán abrir a partir de mañá as portas no seu horario habitual na Guarda

Publicado por o día 15/02/2018 na sección de A Guarda,Galicia

O MASAT e o Museo do Mar volverán abrir a partir de mañá as portas no seu horario habitual na Guarda

O Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega (MASAT) e o Museo do Mar volverán abrir as súas portas a partir de mañá no seu horario habitual, tras o habitual paro de inverno.

O MASAT retomará a súa actividade de martes a domingo en horario de inverno (de 11:00 a 17:00 horas), namentres o Museo do Mar poderá visitarse as fins de semana (sábados e domingos) e días festivos, en horario de mañá (de 11:00 a 14:00 h) e de tarde (de 16:00 a 19:00).

Para máis información sobre os horarios dos espazos museísticos, as persoas interesadas poden visitar a páxina web de Turismo, onde se especifican os horarios do MASAT e o Museo do Mar nas distintas temporadas do ano.