Presentación do proxecto «Memi, una gota de aire» na Guarda

Este venres día 15 de marzo de 2019 o Concello da Guarda acolleu a presentación do Proxecto «Memi, una gota de aire», contando con representantes das bibliotecas escolares da vila
Publicado por o día 15/03/2019 na sección de Galicia,A Guarda

Presentación do proxecto «Memi, una gota de aire» na Guarda

Memi é un proxecto que congrega o educativo e o creativo e onde as emocións e os soños serán o motor fundamental desta viaxe. A plataforma Memi nace co mesmo sentido que ten o nacemento dunha nova vida, o de crecer, nutrirse das aportacións dos nenos e nenas e ser unha plataforma viva coa única premisa fundamental de soñar, gozar e recordar que cada un de nos ten o seu momento Memi e que está aí esperando a ser deliciosamente empregado. Unha representante da Fundación Igual Arte de Vigo foi a encargada de explicar aos máis cativos como é o funcionamento e as características principais do proxecto.

A Concelleira de Cultura, Elena Baz e o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, fixeron entrega dun exemplar deste libro a cada representante das diferentes bibliotecas escolares do municipio, para que contribúan a este proxecto, que nesta edición, cos fondos recadados, axudarase ao colectivo solidario Bicos de Papel.

Máis información na web do proxecto: www.memigotadeaire.es