O Concello da Guarda impulsa un novo curso para a formación de camareiros/as en bares e restaurantes

Publicado por o día 28/02/2018 na sección de Galicia,A Guarda

O Concello da Guarda impulsa un novo curso para a formación de camareiros/as en bares e restaurantes

A  Concellería de Turismo ofrece un curso gratuíto para a formación de camareiros/as de bares e restaurantes, que se desenvolverá entre o 24 de marzo e o 26 de maio. O obxectivo principal  é formar a novos camareiros/as na preparación e presentación de bebidas e alimentos propios dun bar ou restaurante, aplicando as normas básicas de manipulación de alimentos e atención ao cliente. Ao remate formación, o alumnado tamén recibirá o diploma de manipulador de alimentos.

 

A programación está deseñada para que as persoas participantes adquiran as nocións básicas na adecuación do local, reposición de material, servizo de alimentos e bebidas en mesa e barra, e atención ao cliente no servizo de restaurante e bar.

O curso terá unha duración total de 82 horas. Delas, 47 destinaranse á formación teórica, impartíndose durante 8 sábados pola mañá e, na derradeira semana de maio, o alumnado realizará 35 horas de prácticas en bares e restaurantes da Guarda  e a súa contorna.

As inscricións poderán realizarse na Oficina de Turismo do Concello da Guarda (Praza do Reló, 1),  chamando ao teléfono  986 61 45 46 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es. As prazas son limitadas e serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición.