Apertura do prazo de inscricións para o Campamento Urbano 2019 na Guarda

Publicado por o día 29/05/2019 na sección de A Guarda,Galicia

Apertura do prazo de inscricións para o Campamento Urbano 2019 na Guarda

O vindeiro luns día 3 de xuño abre o prazo de inscricións para o Campamento Urbano 2019 na Guarda.

Este campamento terá lugar os meses de xullo, agosto e o período non lectivo de setembro, en horario de 9 a 14  horas, para nenos e nenas de 4 a 12 anos.

O campamento ten o principal obxectivo de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre que representa o verán tras rematar o período lectivo.

Os rapaces e rapazas terán unha alternativa de ocio dinámico e educativo a través de talleres, xogos, cociña, inglés, actividades deportivas…  pero sobre todo compartirán un espazo de xogo diferente.

O prazo para presentar as solicitudes será dende as 9:00 do 3 de xuño ata as 14 horas do día 17 de xuño.

Para máis información as persoas interesadas poderán achegarse ata a OMIX da Guarda ou chamar ao 986 61 0000. As bases e o modelo de solicitude se poden descargar na web www.aguarda.es