Rectificación axudas municipais a deportistas individuais guardeses

O Concello da Guarda ven de publicar unha rectificación das axudas a deportistas individuais da vila a través dunha partida do orzamento municipal 2018.34102.48000 por importe de 3.000€
Publicado por o día 12/02/2019 na sección de Galicia,A Guarda

Rectificación axudas municipais a deportistas individuais guardeses

A convocatoria de concesión de axudas a deportistas guardeses para o ano 2018 realizase polo sistema de concorrencia competitiva, as bases de dita convocatoria atópanse xa para descarga na sede electrónica da web municipal www.aguarda.es no Boletín Oficial de Pontevedra e no Taboleiro de Anuncios do Concello.

Estas bases teñen por obxecto axudar a sufragar os diversos gastos de desprazamento, material e outros dos deportistas guardeses máis destacados, dentro da convocatoria correspondente ao ano 2018.

Esta rectificación conta cun prazo de presentación das solicitudes de vinte días hábiles dende o día seguinte á publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, poderá requirirse ó solicitante, no prazo improrrogable de dez días hábiles, que achegue a documentación omitida ou modifique no seu caso a presentada se resultase procedente. Transcorrido o devandito prazo sen que o interesado achegue a documentación solicitada entenderase que renuncia á axuda solicitada.

Todas as notificacións derivadas das actuacións de instrución realizaranse a través da web oficial do Concello da Guarda e do taboleiro de anuncios.