O 29 de setembro tes unha cita co atletismo

Publicado por o día 13/09/2019 na sección de Galicia,A Guarda

O 29 de setembro tes unha cita co atletismo

A 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño da Costa vivirá o vindeiro día 29 unha edición moi especial. A proba atlética, entre Oia e A Guarda cun paso polo Rosal, xa ten as inscricións abertas e ademais desvela un amplo programa de actividades. A través da web championchipnorte.com se poden formalizar os datos para tomar parte na competición. O percorrido, co mar coma gran protagonista, é un dos grandes alicientes.

Tres concellos acollerán a proba que xa se pode considerar coma unha das máis emblemáticas destas características en Galicia. Dende que se instaurou por primeira vez, non parou de medrar. Ese é un dos motivos polos que en cada edición se ofrecen novos alicientes. Os organizadores xa teñen programado diversas actuacións musicais, e tamén a tradicional marcha a pé, o servizo gratuíto de transporte e a atención permanente ao deportista. Entre as novidades se inclúen unha ruta a cabalo, que terá lugar o día 28, e tamén unha conferencia a cargo de Fernando Javier Costas.

A 15K do Atlántico Banco Mediolanum Multisport Camiño da Costa ten previsto realizar máis iniciativas nun evento para todas as idades. A gran festa do atletismo na comarca baixomiñota agarda superar o rexistro histórico de participantes e continuar crecendo.