O Luns día 11 de novembro a Casa do Alonso acolleu a presentación do Curso de Adestradores Nacional C que terá lugar na Guarda a partires do 25 de novembro.
No acto de presentación participaron o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández; a Concelleira de Deportes da Guarda, Montserrat Magallanes; o Concelleiro de Deportes do Rosal, Germán Fernández; o Director da Escola Galega de Adestradores, Iván Cavela; o Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Fernando Iglesias; o Presidente do Sporting Guardés, Víctor M. Lomba; o coordinador da Escola no Baixo Miño, José Luís Mosquera, e demais convidados.
O Curso que se vai a realizar na Guarda e o Curso de Adestradores de nivel C Uefa, que permite adestrar a todos os equipos de fútbol das categorías Base e de terceira rexional, titulación mínima esixida e que poden facer todos os interesados ou interesadas sempre e cando teñan máis de 16 anos e que teñan a titulación mínima esixida, ESO ou equivalente.
Este curso realízase na Guarda a petición do Clube Sporting Guardés, per esténdese tamén aos concellos limítrofes, polo que todos os interesados e interesadas poden inscribirse ata o 25 de novembro a través da web da Federación Galega de Fúbtol www.futgal.es no apartado de adestradores. O Curso ten un custo de 200€, reembolsables no caso de que o alumno realice «a posteriori» o Curso de Adestradores de nivel B.
Dende o Concello anímase a participar neste curso aos interesados, de cara á profesionalización e formación das persoas que traballan cos deportistas da vila, favorecendo a aposta polos valores na práctica deportiva.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.